Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de febreiro de 1998 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado La Laguna, da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado La Laguna da Coruña en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo autorización para o funcionamento legal con data do 15 de setembro de 1973 para unha unidade de preescolar.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro) que o desenvolve.

Visto o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Código do centro: 15004253.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: La Laguna, 13.

Denominación: La Laguna.

Titular: María Dolores Moscoso Ríos.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

2638