Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.573

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998 pola que se lle dá publicidade ó acordo do conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 23 de marzo de 1998 polo que se inicia o procedemento de revisión de oficio previsto no artigo 63 en relación co artigo 103.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Con data do 23 de marzo de 1998, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública adoptou o acordo que a seguir se publica integramente.

«Vista a Orde do 9 de decembro de 1997 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 244, do 18-12-1997). no que se refire en concreto á vacante ofertada co número 843 (páxina 12.207), que figura no anexo I da mesma orde, procede sinala-los seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Por Orde do 9 de decembro de 1997, convócase concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 244, do 18-12-1997).

Segundo.-No anexo I da mesma orde inclúense as vacantes que poden solicita-los participantes no mesmo concurso, «sempre que se reúnan as condicións esixidas nel» (base I.5).

Entre as ditas vacantes figura ofertado o posto nº 843 (páxina 12.207), cos seguintes datos:

«Código do posto: 0T.C05.00.001.15770.027.

Nivel: 25.

C. Espec.: 1.147.368.

Grupos: A/B/C.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: Sección Asuntos Administrativos.

Dependencia: Dirección Xeral de Transportes.

Local: 15770.

Méritos específicos: E: Exper. en transportes; E: terrestres.

Requisitos indispensables: licenciado en Dereito».

Vista a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 22/1993, do 29 de decembro e pola Lei 13/1996, do 30 de decembro; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e pola Lei 3/1995, do 10 de abril e demais normativa concordante de aplicación e en virtude dos

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería da Presidencia e Administración Pública é competente para adopta-lo presente acordo de iniciación do procedemento de revisión de oficio para declara-la anulabilidade da Orde do 9 de decembro de 1997, no que se refire en concreto á vacante ofertada co número 843 das relacionadas no anexo I da mesma orde.

Segundo.-As sentencias números 94/1997, 241/1997, 245/1997, 246/1997, 265/1997, 287/1997, 290/1997 e 166/1997, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declaran a nulidade do establecido no anexo II da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 7 de xuño de 1993 pola que se convocaba concurso para a provisión de postos vacantes na Administración da Xunta de Galicia, « no particular relativo á oferta de postos de traballo vacantes ós que poden acceder tódolos funcionarios dos grupos A, B, e C pero con esixencia de posuír titulación superior (xeral ou específica) que non corresponde ó seu grupo nin se esixiu na convocatoria de ingreso para o corpo» (sentencia nº 94/1997, do 12 de febreiro de 1997).

Terceiro.- En execución das devanditas sentencias, modificáronse sucesivamente as relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia, eliminándose a esixencia de titulación superior naqueles postos clasificados para os grupos: A/B/C. Así, anteriormente á convocatoria do concurso 1/97 efectuáronse as seguintes modificacións no sentido de adecualas ó contido da citada sentencia, publicándose, ata o momento, a Resolución do 8 de agosto de 1997 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 168, do 2 de setembro de 1997), a Orde do 12 de agosto de 1997 das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia nº 171, do 5 de setembro de 1997) e a Resolución do 27 de agosto de 1997 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de agosto de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 172, do 8 de setembro de 1997),

Orde do 28 de novembro de 1997 das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia nº 234, do 3 de decembro de 1997, e correccións

de erros no Diario Oficial de Galicia nº 244, do 18 de decembro de 1997).

Cuarto.- Tal e como se indicou no segundo antecedente fáctico, o posto nº 843 descrito esixe como requisito indispensable: «licenciado en Dereito», isto é, titulación superior continuando clasificado o posto para os grupos A, B e C. Tal feito, evidentemente, contradí a xurisprudencia referida e á que se axustaron tanto as modificacións das relacións de postos de traballo posteriores ás ditas sentencias, como a propia orde de convocatoria do anexo I do concurso 1/1997. Neste aspecto, a xurisprudencia basea a nulidade dos postos clasificados para os grupos A/B/C, con esixencia de titulación superior, na infracción dos seguintes preceptos legais: artigos 19, 20, 22 e 25 da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública, preceptos que teñen o carácter de bases do réxime estatutario dos funcionarios públicos, dictados ó amparo do artigo 149.1º.18 da Constitución,, segundo o artigo 1.3º da mesma lei que inclúe ó respecto os artigos: «19.1º e 3º; 20.1º a), b) parágrafo primeiro,

c) e) e g) nos seus parágrafos primeiro a cuarto , 2 e 3; ...; 22.1 a excepción dos últimos parágrafos;...; 25...».

Quinto.- Polo anterior, a oferta da vacante co número de posto 843 debe considerarse incluída no suposto do artigo 63.1º en conexión co artigo 103.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó infrinxir normas de rango legal.

Sexto.- Así mesmo, dedúcese que mante-la oferta do posto número 843 do anexo I da orde de convocatoria do concurso 1/1997 suporía prexuízos de imposible ou difícil reparación.

En consecuencia,

ACORDO:

1º. Inicia-lo procedemento de revisión de oficio para declara-la anulabilidade (prevista no artigo 63.1º en relación co artigo 103.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro) da Orde do 9 de decembro de 1997, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 244, do 18-12-1997), no referente en concreto á vacante ofertada co número 843, (páxina 12.207) que figura no anexo I da mesma orde, eliminándose daquel.

2º. Concede-lo trámite de audiencia e vista a tódolos participantes que solicitaron o posto nº 843 do anexo I da orde de convocatoria, por teren a condición de interesados.

3º. Suspende-la execución do acto de convocatoria do concurso 1/1997 no que se refire exclusivamente ó posto nº 843 do devandito anexo.

4º. Ordena-la publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

2639