Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.577

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 20 de marzo de 1998 pola que se convocan bolsas para técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias en centros de investigación dependentes do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

Coa finalidade de que os titulados nas ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes nas especialidades agrarias adquiran maiores coñecementos en temas propios dos seus estudios que lles potencie a súa cualificación profesional, establécese unha liña de axuda económica en forma de bolsas.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e os artigos 1 e 3 do Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e dotación.

Convócanse 4 bolsas, cunha dotación de 100.000 ptas. mensuais, para técnicos especialistas distribuídas da seguinte forma:

A) Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo - A Coruña):

1. Un técnico especialista, rama agraria ou equivalente, para prácticas de campo

2. Un técnico especialista, rama agraria ou equivalente, para prácticas de informática de xestión.

B) Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense):

1. Un técnico especialista, rama agraria ou equivalente, para prácticas de campo

2. Un técnico especialista, rama agraria ou equivalente, para prácticas de laboratorio

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das devanditas bolsas os solicitantes maiores de idade que resulten seleccionados e que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalente nas especialidades agrarias.

b) Ser nacional dun país membro da Unión Europea.

c) Ter veciñanza administrativa en Galicia ou ser natural de Galicia ou fillo de emigrantes galegos no exterior.

d) No caso de títulos expedidos por centros non pertencentes á Unión Europea, será necesario que estean homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 3º.-Carácter da bolsa.

Dado o seu carácter formativo, a concesión destas

bolsas non implica relación laboral ou administrativa entre o beneficiario e a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, aínda que si a aceptación do regulamento e normas de réxime interno do centro de investigación onde realiza a súa formación Estas bolsas non darán lugar á inclusión dos beneficiarios na Seguridade Social, se ben estes quedarán incluídos nunha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período da concesión.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa é incompatible coa percepción doutras remuneracións para a mesma finalidade.

Artigo 4º.-Período.

O período de desfrute da bolsa será dun ano, prorrogable ata un máximo de 3 anos, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará ós 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

3. A solicitude destas bolsas farase segundo modelo do anexo I, dirixido ó director xeral de Desenvolvemento Rural e especificando a bolsa á que se opta, xunto cos seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI, ou, no caso que proceda, fotocopia do pasaporte.

b) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados debidamente cotexados.

c) Certificación académica completa de cualificacións e fotocopia compulsada do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Declaración xurada de renuncia a outras bolsas, remuneracións ou axudas, no caso de ser seleccionado.

e) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa área de especialización da bolsa.

6. Comisión avaliadora.

A documentación achegada será examinada e avaliada por unha comisión integrada por:

Presidente: o director xeral de Desenvolvemento Rural

Vocais: o director do centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, o director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, o director

da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e un investigador de cada un dos centros

Secretario: un funcionario administrativo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria designado polo presidente da comisión avaliadora, sen voz nin voto.

Artigo 7º.-Criterios de avaliación e selección.

A selección realizarase tendo en conta o expediente académico completo de cada solicitante e os méritos alegados. Ademais do exame da documentación, realizarase unha proba teórico-práctica.

O baremo aplicado será o seguinte:

a) Valoración máxima das cualificacións e do expediente académico: 5 puntos.

b) Exame teórico escrito: valoración máxima 5 puntos.

c) Proba práctica: valoración máxima 5 puntos.

Estas avaliacións referiranse á área de especialización de cada bolsa.

As bolsas serán adxudicadas polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, por proposta da comisión avaliadora.

O resultado da avaliación será publicado nos taboleiros de anuncios do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, sen prexuízo da comunicación persoal ós solicitantes que resulten adxudicatarios. Os bolseiros seleccionados deberán incorporarse ó seu destino no prazo de quince días.

En virtude do artigo 43.2º c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedarán desestimadas tódalas peticións que non puideran ser resoltas expresamente no prazo legal, con independencia da obriga da Administración de dicta-la oportuna resolución.

Artigo 8º.-Falsidade nos datos.

A falsidade na documentación achegada ou a ocultación da datos darán lugar á denegación da bolsa solicitada ou á perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades ás que houbese lugar.

Artigo 9º.-Efectividade e obrigas do bolseiro.

1. Incorporado o bolseiro ó lugar de desenvolvemento da bolsa, e logo da notificación da incorporación polo director responsable de cada centro de investigación procederase ó pagamento da cantidade mensual fixada no artigo 1º.

2. A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o incumprimento das normas de réxime interno, así como a non realización dos traballos propostos, serán causa de perda da bolsa, logo do informe do titor da especialización e do director do centro de investigación respectivo.

3. Antes do pagamento da última mensualidade, o bolseiro fará entrega dun informe por escrito dirixido ó director do centro de investigación sobre os traballos desenvolvidos no período de formación, ó

que se lle xuntará informe do titor da área de especialización. O incumprimento deste requisito dará lugar á perda da última mensualidade.

4. Ó termo do período completo da bolsa o director do centro de investigación emitirá unha certificación a favor do bolseiro para os efectos do seu currículum vitae.

Artigo 10º.-Renuncia á bolsa concedida.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará unha solicitude fundamentada. A vacante poderá ser cuberta por un suplente nomeado seguindo a orde da puntuación acadada na selección.

Artigo 11º.-Prórroga.

Transcorrido o período anual de desfrute da bolsa e logo do informe favorable do titor e do director do centro de investigación correspondente, e sempre que exista crédito na partida orzamentaria, a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, poderá acordar prórrogas que non excedan da anualidade orzamentaria da bolsa en desfrute ata un máximo de 3 anos nas mesmas condicións nas que se concedeu a orixinaria.

Se por cincunstancias obxectivas, tales como variacións significactivas nos niveis do IPC ou de bolsas de similares características, sexa nos ámbitos rexional, nacional ou europeo, se producise un notorio desequilibrio no importe mensual da dotación, a dirección xeral arbitrará as medidas necesarias para compensar aqueles desequilibrios, sempre que exista crédito suficiente.

En todo caso, as bolsas prorrogadas pasarán a rexerse polo disposto na convocatoria que estea vixente no momento da renovación.

Artigo 12º.-Financiamento.

Esta convocatoria financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.432A.480.0 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, por un importe máximo de 3.695.000 ptas., deste global destinarase unha parte a contratar unha póliza de seguro de accidentes que cubrirá os riscos dos bolseiros.

A concesión das bolsas estará condicionada á aprobación definitiva dos novos orzamentos, de conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998, da Consellería de Economía e Facenda, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Desenvolvemento Rural para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

2714