Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.079

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (460/1997).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo executivo, seguidos baixo o número 460/1997 se dictou a sentencia con data do 28 de xaneiro de 1998, que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o número 460 de 1997, entre partes, dunha como demandante Banco Pastor, S.A., representado nos autos polo procurador Regueiro Muñoz, coa dirección do letrado García Fernández e doutra como demandados, Empresas Técnicas Gallegas, S.A. (Etega, S.A.), Julio Alejandro Casares Fernández Alvez, María Teresa Torres Baraibar, Jorge Searle Hernández, María Rosario Jomse Arauz, Juan José Masso Bolivar, José Luis Fernández Peña Parages e contra a entidade Cartera Forestal, S.A., incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: con estimación total da demanda executiva, debo dispoñer e ordeno que siga a execución adiante, de forma solidaria, ata facer total pagamento á parte demandante e pola parte demandada Empresa Técnicas Gallegas, S.A., Julio Alejandro Casares Fernández Alvez, María Teresa Torres Baraibar, Jorge Searle Hernández, María Rosario Jomse Arauz, Juan José Masso Bolivar, José Luis Fernández Peña Parages e a entidade Cartera Forestal, da cantidade de 10.760.830 pesetas, máis cos xuros legais pactados e custas devengadas, que se imporán á parte ultimamente referida, e calquera que fose o importe dos dous últimos conceptos que se determinarán en execución desta resolución.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, que por rebeldía dos demandados se notificará na forma legalmente disposta se non se pide, dentro dos tres días seguintes a notificación persoal, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes, Empresas Técnicas Gallegas, S.A. (Etega, S.A.), Julio Alejandro Casares Fernández Alvez, María Teresa Torres Baraibar, Jorge Searle Hernández, María Rosario Jomse Arauz, Juan José Masso Bolivar, José Luis Fernández Peña Parages e a entidade Cartera Forestal, S.A., expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2061