Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (191/1997).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos baixo o número 191/1997, se dictou sentencia con data do 18 de febreiro de 1998 que no

encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Visto por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado co número 191 de 1997, entre partes, dunha, como demandante, a entidade Assicurazioni Generali, SPA, representada en autos polo procurador Calviño Gómez, coa dirección do letrado Villar Pispieiro, e doutra, como demandados, a entidade Iberia, Compañía Anónima de Seguros Generales, representada en autos polo procurador Barreiro Fernández, coa dirección da letrada Barral Santiago, a entidade Aegon, S.A., de Seguros y Reaseguros, representada en autos polo procurador Regueiro Muñoz, coa dirección do letrado Romero Mengotti, a entidade Construcciones y Montajes Agal Sociedad Anónima (Cyma, S.A.), representada en autos polo procurador García-Piccoli Atanes, coa dirección do letrado Sanz Fernández, a entidade Moelco, S.L., representada en autos polo procurador Fernández

Villaverde, coa dirección da letrada Frade Ligero, Antonio Alvedro Boedo, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido: con absolución da demanda respecto a Moelco, S.L., Antonio Alvedro Boedo e Aegon, S.A., condeno á entidade Construcciones y Montajes Agal, S.A. e a entidade Iberia Cía Anónima de Seguros Generales, a lle aboaren a Assicurazioni Generali SPA de maneira conxunta e solidaria a cantidade reclamada de 7.489.520 pesetas máis os xuros legais correspondentes, que para a aseguradora condenada serán os do artigo 20 da Lei de contrato de seguro.

En canto ás custas, a demandante satisfará as devengadas polas demandadas absoltas e as entidades condenadas satisfarán as devengadas pola demandante.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Antonio Alvedro Boedo, expido este edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2063