Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (53/1997-01).

Ana María Navarro Gómez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de faltas arriba indicado, seguido por unha falta de consideración a axentes da autoridade, contra Dorinda López Álvarez, se dictou a sentencia que na súa decisión di como segue:

«Condeno a Dorinda López Álvarez, como autora dunha falta -xa referida- a dez días de multa a razón de 600 pesetas diarias (seis mil pesetas), que pagará dunha soa vez na conta do xulgado ou, por instancia dela, en pagamentos fraccionados durante dous meses, con privación de liberdade dun día por cada dúas cotas diarias non pagadas, en réxime de arrestos de fins de semana, en caso de non pagar e unha vez excusados os bens.

Así por esta miña sentencia, que será notificada coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación á denunciada Dorinda López Álvarez, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

2060