Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (43/1997).

José Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo letras de cambio número 43/1997, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di así:

En Padrón o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta cidade, víu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Gallega de Consulting, S.A. (Galcosa), representado/s polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e dirixido polo letrado contra Mª del Carmen Moreiras Lema e José Manuel Pardal Villamarín, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer trance e remate dos bens embargados a Mª del Carmen Moreiras Lema e José Manuel Pardal Villamarín, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 4.014.000 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos gastos de protesto, xuros legais e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interponerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

E para a súa publicidade e que sirva de notificación ós demandados, non comparecidos, Mª del Carmen Moreiras Lema e José Manuel Pardal Villamarín, expido o presente edicto en Padrón o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2104