Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.077

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (123/1998).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo fai saber que no expediente

número 123/1998 se tivo por solicitada, mediante providencia desta data, a suspensión de pagamentos da entidade El Pilar Grandes Almacenes, Sociedade Anónima, con domicilio nesta cidade, rúa Velázquez Moreno, número 27, e dedicada á venda de toda clase de tecidos, confeccións, xéneros de punto, paquetería, bazar, perfumería, plásticos, mobles, aparellos electrodomésticos, ferraxería e tódolos demais artigos e mercadorías propios da actividade comercial dos grandes almacéns, téndose designado para o cargo de interventores xerais a Germán de la Torre Nieto, Carlos Mantilla Rodríguez e á entidade acredora Caja de Ahorros Municipal de Vigo, cun activo de 1.215.035.904 pesetas e un pasivo de 1.142.684.458 pesetas.

E para que sirva de publicidade ós fins previdos na Lei de suspensión de pagamentos e especialmente no seu artigo 9, expido o presente edicto en Vigo o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2062