Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998 de delegación de funcións do xerente do Instituto Galego de Consumo nos xefes dos servicios para a proposta dos gastos dos capítulos 1 e 2.

O Decreto 329/1995, do 21 de decembro, que desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo, no seu artigo 9 e o artigo 4 do Decreto 183/1996, do 9 de maio, polo que se crea a estructura orgánica do Instituto Galego de Consumo, establecen que entre as funcións do xerente se atopa a de propoñe-la ordenación de pagamentos.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda en beneficio, tanto da administración como dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto ás garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos esixe.

Na súa virtude e facendo uso das atribucións que me confiren os decretos anteriormente citados e o artigo 13 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de xeral aplicación,

RESOLVO:

Artigo único.-Delegar nos xefes dos servicios de Protección ó Consumidor, de Información e Educación do Consumidor e de Asuntos Xerais, no ámbito das súas respectivas competencias, as funcións de propostas de autorización de gastos, disposición de créditos, recoñecemento de obrigas, así como a proposta de ordenación de pagamentos, relativos ós capítulos 1 gastos de persoal e 2 gastos en bens correntes e servicios, dentro dos límites dos créditos autorizados.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

Mª Jesús Muñoz Chesa

Xerente do Instituto Galego de Consumo

2040