Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.080

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (104/1997).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 104/1997, que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

No nome de El-Rei.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co número 104/1997, no que actuaron, como demandante, o Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli e asistido polo letrado Rodríguez-Gigirey Pérez e como demandada Contratas Compostela, S.L., declarada en rebeldía procesual.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador Ricardo García-Piccoli en nome e representación do Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra a empresa Contratas Compostela, S.L., declarada en rebeldía procesual, e condénoa a lle pagar á demandante a cantidade de 2.419.550 pesetas, así como os xuros ó tipo legal do diñeiro.

As custas procesuais impóñenselle á demandada.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de 5 días desde a notificación.

Notifíqueselle á rebelde nalgunha das formas previstas legalmente.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Contratas Compostela, S.L. (CIF B-15.459.191) con último domicilio en Edificio Seur, Cidade do Transporte, polígono do Tambre, Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

2119