Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.080

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (177/1997).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber: que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria nº 177/1997, por instancia de Mª Sara Mareque Constenla e Eugenio Fernández Tejo, representados polo procurador Regueiro Muñoz, sobre nomeamento de contador-partidor dativo para a partición da herdanza do causante José Mareque González, nos que no día da data se dictou auto, cunha parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Acordo: apróbanse as operacións particionais da herdanza de José Mareque González, practicadas polo contador-partidor dativo, José María Paz Sueiro, con data do 15 de decembro de 1997, protocolizándose na notaría desta cidade á que por reparto lle corresponda, logo do reintegro do papel selado correspondente. Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal. Fáseilles saber ás partes que contra esta resolución cabe recurso de apelación na forma establecida nos artigos 1819 e 1820 da Lei de axuizamento civil».

E para que conste e lle sirva de notificación en legal forma a José Mareque Constenla, en ignorado paradoiro, que tivo o seu último domicilio coñecido en San Xulián de Sales, Vedra, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6931