Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Interopa, S.A., sita na rúa Arapiles, 4, de Vilagarcía de Arousa.

Visto o expediente instruído por instancia de Simón Pedro Barceló Vadell, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Interopa, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Vilagarcía de Arousa, na rúa Arapiles, 4, da axencia de viaxes Viajes Interopa, S.A., do grupo retallista, co código identificativo CIC MA 36, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Alcalá, 165.

Ó resultar que o interesado, xunto coa solicitude, achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

O resultar que na tramitación do expediente se observaren tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Interopa, S.A. sita en Madrid, na rúa Alcalá, 165, da que é titular a entidade mercantil Viajes Interopa, S.A., a apertura dun novo establecemento en Vilagarcía de Arousa, na rúa Arapiles, 4, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

2647