Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (250/1997).

Eu, Francisco Castiñeira Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fai mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

En Santiago de Compostela o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

En nome de SM El-Rei, Elisa María Lago Moire, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 250/1997, dimanante do procedemento seguido por inxurias no que foron parte: Manuel Fouces González, denunciante-denunciado, con domicilio na r/ Buena Vista, 26, Barcelona; Ángel Omar Vázquez, denunciante-denunciado, con paradoiro descoñecido, resolvo que debo

absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións os denunciados Manuel Fouces González e Ángel Omar Vázquez das faltas que se lles imputan con declaración das custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado peramte a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Ángel Omar Vázquez, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o dezanove de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

1957