Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (170/1997).

No procedemento de cognición 170/1997, seguido en primeira instancia e instrucción número seis de Santiago de Compostela, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra José Manuel Costas Rodríguez, sobre cognición, dictouse a sentencia que, copiada no seu encabezamento e decisión, é como segue:

En Santiago de Compostela o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de cognición 170/1997 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, S.A., co procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e doutra, como demandado, José Manuel Costas Rodríguez.

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en nome e representación do Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra José Manuel Costas Rodríguez, condeno ó demandado a lle pagar á demandante a suma de oitenta e oito mil cento cincuenta e cinco pesetas (88.155 pesetas) de principal, mailo xuro legal da dita cantidade desde o 25 de xaneiro de 1997, data do peche e liquidación da conta, todo iso con expresa imposición ó demandado das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, perante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na firma que dispón o artigo 733 da lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E co fin de que lle sirva de notificación en forma ó demandado José Manuel Costas Rodríguez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O/a secretario/a

Rubricado

2349