Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.030

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (185/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo executivo que con número 185/1997 se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Hordeza, S.L. e Tramalga de Transportes, S.L., en reclamación de 2.430.664 ptas. de principal máis 600.000 orzadas para xuros, gastos e custas, pola presente cédula faise saber á empresa codemandada, Hordaleza, S.L., que se atopa en paradoiro descoñecido, os bens que máis adiante se describen, segundo o disposto no artigo 1444 da Lei de axuizamento civil, sen previo requerimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro. E ó propio tempo é citado de remate, concedéndoselle o termo de nove días para que compareza nos autos e que se opoña á execución, se lle conviñer, co apercibimento de que de non o verificar se seguirá o xuízo na súa rebeldía, recaendo sobre

el o conseguinte prexuízo.

Bens embargados:

-Volkswagen Polo 1,05, matrícula PO-7724-AY.

E para que conste e sirva de notificación e citación en forma ó debedor, Hortaleza, S.L., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela trece de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario

1934