Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.029

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (252/1997-L).

Juan Francisco Riobó Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, fai saber que neste xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, promovido por Carmen Alvarellos López, séguese expediente nº 252/1997 para a declaración de falecemento de Pedro Alvarellos Lavandeira, nado en Calo (Vimianzo) o 20 de xullo de 1878; era fillo de Francisco Alvarellos Rodríguez e María Lavandeira Paredes (defuntos) e con último domicilio coñecido en Vimianzo, e que marchou para a Arxentina no ano 1920, sen que desde entón se tivesen noticias súas; se vivise nestas datas o desaparecido tería a idade de 119 anos.

Para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación co 193 e concordantes co Código Civil.

Dado en Corcubión a dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

1908