Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.962

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (230/1997).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Pérez Alonso (de oficio), en nome e representación de Susana Zas Velo,

contra Francisco José Torres Bello e Ministerio Fiscal, dictouse con data do 29 de decembro de 1997 sentencia, e con data do 15 de xaneiro de 1998 auto de aclaración de sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de divorcio (5) nº 230/1997, promovido por Susana Zas Velo, representado pola procuradora Sofía Pérez Alonso (de oficio), contra Francisco José Torres Bello, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimo a demanda interposta pola procuradora Pérez Alonso en nome e representación de Susana Zas Velo, en contra de Francisco José Torres Bello e na súa virtude debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio formado polos cónxuxes litigantes, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento, rexendo a situación persoal e patrimonial deles conforme se deixa dito no fundamento segundo desta resolución que se dá aquí por reproducido. Isto sen facer expresa imposición en canto ás custas. Firme a presente resolución procédase á práctica das anotacións rexistrais oportunas onde conste inscrito o matrimonio. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Lévese testemuño da sentencia ós autos de referencia e o orixinal ó libro de sentencias. Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e

asínoo».

E a parte dispositiva do auto aclarando sentencia di: «Dispoño que se rectifica o erro material que ten a sentencia dictada, debéndose entender que tódalas mencións da dita resolución se refiren ó menor Cristian e non Cristina. Lévese testemuño da presente resolución ós autos de referencia e o orixinal ó libro de sentencias, unida á dictada no seu día. Notifíquese a presente resolución ás partes na forma prevista no artigo 248.4º a LOPX. Así por este auto dispono, mándao e asínao S.Sª; dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Francisco José Torres Bello, en ignorado paradoiro, a quen se lle fai saber que contra a anterior sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, expídese o presente edicto en Carballo o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

1869