Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (124/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 124/1997-10 por instancia de Gonzalo Bruzos Piñeiro contra Benigno Villaverde Caobria e outro nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva como seguen:

«Sentencia. En nome da súa maxestade El-Rei. En Santiago de Compostela o 24 de xullo de 1997. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 124/1997, no que actuaron como partes, como denunciantes Gonzalo Bruzos Piñeiro e como denunciado Ramón Villaverde Varela, asistido do letrado Vázquez Mato e sendo responsable civil Benigno Villaverde Carbia, e foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Ramón Villaverde Varela da falta de que viña sendo inculpado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Gonzalo Bruzos Piñeiro expido e asino en Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

1870