Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (26/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 26/1998-10, por instancia de Julián V. Arce San Juan contra Leandro Escribano Domínguez, Celestino Cabello Jiménez, Alexandre Rosero Márquez, Salvador Callejón Ferrio e Tais Gómez Bautista nas actuacións dos cales, en resolución desta data, se acordou citar a Leandro Escribano Domínguez, Celestino Cabello Jiménez, Alexandre Rosero Márquez, Salvador Callejón Ferrio e Tais Gómez Bautista

co fin de que o día dezaseis de abril, ás doce horas, comparezan ante este xulgado co fin de asistiren á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciados, apercibíndoos de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre eles o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que deberán comparecer asistidos das probas das que tenten valerse.

E para que conste e lles sirva de citación a Leandro Escribano Domínguez, Celestino Cabello Jiménez, Alexandre Rosero Márquez, Salvador Callejón Ferrio e Tais Gómez Bautista, expido e asino en Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

1828