Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (248/1997).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de divorcio número 248/1997, entre as partes que se dirá, no que recaeu a sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 1998, Elisa Mª Lago Moire, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de divorcio número 248/1997, promovidos por instancia de Josefa Iglesias Becerra e na súa representación o procurador dos tribunais Santiago Gómez Martín contra Elias Barreiro García.

Decido. Que debo declarar e declaro a disolución do matrimonio por divorcio do formado por Mª Josefa Iglesias Becerra e Elías Barreiro García.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado.

Firme esta sentencia comuníquese ó Rexistro Civil onde conste o matrimonio para a inscrición marxinal da sentencia. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Elías Barreiro García actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 1998.

Rubricado

2552