Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998 pola que se procede ó inicio do expediente expropiatorio dos terreos necesarios para a execución das obras da Facultade de Ciencias Sociais e do Edificio Universitario de Servicios de Investigación, comprendidos dentro do Polígono 1-13-B do Plan Parcial do Campus Universitario da Coruña.

A Universidade da Coruña, en virtude do convenio do colaboración subscrito o 25 de setembro de 1997 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento das infraestructuras no Campus da Coruña, insta, como beneficiaria da expropiación, a incoación do correspondente expediente expropiatorio para a construcción da Facultade de Ciencias Sociais e do Edificio Universitario de Servicios de Investigación.

A obra que motiva a expropiación sitúase nos terreos comprendidos dentro do Polígono 1-13-B do plan parcial modificado do Campus Universitario da Coruña, aprobado polo Pleno Municipal en sesión do 18 de outubro de 1991, situados os ditos terreos no lugar do Lagar, parroquia do Castro de Elviña, municipio da Coruña.

Na súa virtude e para os efectos sinalados nos artigos 17 e 18 da Lei de expropiación forzosa e ós concordantes do regulamento para a súa aplicación, resolvo,

Inicia-lo expediente de expropiación forzosa e abri-lo período de información pública durante un prazo de quince (15) días hábiles, computados na forma disposta no artigo 17, parágrafo primeiro, do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os propietarios que figuran na relación que a seguir se indica e tódalas as demais persoas ou entidades que se consideren afectadas pola execución das obras, poidan formular por escrito ante o Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Servicio de Construccións da Universidade da Coruña, as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa e no artigo 56 do regulamento para a súa aplicación.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1998)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

Termo municipal da Coruña

Predio nºPropietarioExtensión

1Rodríguez Roca, Jesús326
2Seoane Rama, Jaime158
3Rodríguez Pardo, Juan187
4Descoñecido14
5Hros. de Felipe Veira95
6Rodríguez Roca, Jesús154
7López Sande, Antonio1.591
8Lantes Pardo, Julio1.675
9Cabezal Sande, Mª Isabel1.272
10Rodríguez Roca, Jesús174
11López Zapata, Manuel1.815
12Seoane Rama, Jaime506
13Rodríguez Pardo, Juan330
14García Teijido, Antonio1.430
15Descoñecido1.369
16Rodríguez Roca, Jesús456
17De la Iglesia García, Isaura646
18Tubío Díaz, Manuel510
19Descoñecido480
20Boedo López, Elena2.715
21Teijido Candame, Manuel659
22Iglesias Monelo, Francisco1.056
23Hros. de Felipe Veira5.277
24Bermúdez Iglesias, Mª del Carmen1.194
25C. Iglesias1.800
26Rodríguez Pardo, Juan120
27Rodríguez Iglesias, Emilia540
28Capelán Bello, Juan123
29Seoane Rama, Jaime168
30Teijido Teijido, Ángel165
31Teijido Pan, Saladina176
32Teijido López, Carmen594
33Rodríguez Iglesias, Emilia690
34Hros. de Felipe Veira1.534
35Rocha Sánchez, César2.641
36Ercros931
37Descoñecido293

1290