Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.961

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997.

Por resolución deste centro directivo do 16 de decembro de 1997 (DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997.

Rematado o prazo previsto na dita resolución para emendar, se fose o caso, o defecto que motivou a

exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto na base cuarta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das categorías convocadas sinalando os lugares onde poden ser examinadas. Por todo isto, esta división,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997.

Segundo.-De conformidade co disposto no apartado 4 da base cuarta da convocatoria a estimación ou, se é o caso, a desestimación das peticións de emenda dos listados provisionais de admitidos e excluídos entenderanse implícitas na presente resolución.

Terceiro.-Os listados coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

Cuarto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no apartado 3 da base décima da Resolución do 23 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

1829