Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación.

Visto o acordo asinado o día 27-1-1998 pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación (código 2700155), para a provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación de Empresarios Mayoristas de Alimentación de Lugo e pola central sindical USO, mediante o que se acorda aproba-la táboa salarial para o ano l998, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de febreiro de l998.

José Mª Fermández Olea

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes:

Pola parte empresarial:

-Asociación de Empresarios Mayoristas de Alimentación de Lugo:

Juan Bautista Prado Carreira.

Cesáreo López Beltrán.

Susana López Amarante.

Luis García Cobreros.

Miguel Cortón Eiros (este último en representación de Congelados Troulo, S.L., en substitución de Ángel Pagés Sández).

Polas centrais sindicais:

-USO (51,5%):

Manuel Expósito López.

Jesús Cantero Pérez.

Virginia Alonso González.

Elena Fernández López.

Manuel Belver Belver.

Benjamín Valcarce Resco.

En Lugo, sendo as 18 horas do día 27 de xaneiro de 1998, reúnense nos locais da CEL (Praza de Santo

Domingo, nº 6-8, 2º de Lugo) as persoas relacionadas, todas elas integrantes da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial de Comercio de Alimentación da provincia de Lugo, co obxecto de procederen á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998, conforme o previsto no parágrafo segundo do artigo 12 do convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo vixente.

Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboa salarial anexa que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998.

Segundo.-Sobresoldo de transporte. Os traballadores afectados polo convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo percibirán durante o ano 1998 a cantidade de 362 pesetas por día de traballo efectivo. Este sobresoldo de transporte terá carácter extrasalarial e, polo tanto, non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Terceiro.-Os atrasos, por diferencia de salarios, producidos como consecuencia da publicación das táboas salariais aprobadas pola presente acta faranse efectivos nos 30 días seguintes á publicación da presente acta.

Cuarto.-Remitirlle a presente acta e as táboas salariais anexas á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta os sinalados, en lugar e data sinalados no encabezamento.

Rubricado

Táboa salarial convenio de comercio

de alimentación de Lugo

Vixencia: 1-1-1998 ó 31-12-1998

Categoría profesional

Soldo

mensual

Plus

Transp.

Retribuc.

anual

Antig. Consol.

Cuadrien./mes

-Grupo I
Director109.4653621.795.8965.361
Encargado xeral102.5503621.688.7135.022

-Grupo II
Xefe de división103.9323621.710.1345.090
Xefe de persoal102.5503621.688.7135.022
Xefe de compras102.5503621.688.7135.022
Xefe de vendas102.5503621.688.7135.022
Xefe de sección99.1293621.635.6884.855
Xefe de sucursal ou supermercado96.2063621.590.3814.711
Xefe de almacén96.2063621.590.3814.711
Xefe de grupo96.2063621.590.3814.711
Encargado establecemento,

vendedor, comprador

90.9983621.509.6574.456
Xefe administrativo98.1813621.620.9944.808
Xefe de sección administrtiva94.2273621.559.7074.614
Xefe de sección servicios92.9123621.539.3244.550

-Grupo III
Corredor de praza ou vixilante89.2813621.483.0444.372
Dependente90.5823621.503.2094.436
Dependente maior96.9473621.601.8674.748
Axudante83.0213621.386.0144.066
Contable91.6853621.520.3064.490
Oficial administrativo ou

operador de máquinas contables

90.5823621.503.2094.436
Auxiliar administrativo ou

perforista

82.8863621.383.9214.059
Profesional de oficio de 1ª88.1563621.465.6064.317
Profesional de oficio de 2ª85.9633621.431.6154.210
Mozo especializado82.8863621.383.9214.059

Categoría profesional

Soldo

mensual

Plus

Transp.

Retribuc.

anual

Antig. Consol.

Cuadrien./mes

Mozo79.4903621.331.2833.893
Empaquetador79.4903621.331.2833.893
Cobrador87.3253621.452.7264.276
Vixilante, sereno, ordenanza,

porteiro

79.4903621.331.2833.893
Auxiliar de caixa81.0343621.355.2153.968

2044