Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.893

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

CÉDULA de notificación (159/1996).

Eu, Virginia Antón Gijarro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño, dou fe de que nos autos que a seguir se relacionan recaeu sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.-O Carballiño, trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por María Elena Muruais Bao, xuíza de primeira instancia e instrucción do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo executivo nº 159/1996, seguidos neste xulgado por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Antonio Pedrouzo Nóvoa, asistido do letrado Manuel Martínez Randulfe contra Inversiones Forestales, S.A.; Valeriano Gómez Salve; Benito Paradela Rodríguez; Antonio Mosquera Suárez; Alfredo Siro Blanco Pérez; Manuel Rodríguez-Portugal Maceda; Spem Inversiones, S.L.; Feliciano Lorente Permuy; Remi Orense, S.L.; Manuel Requejo Conde; Arcal Orense, S.L.; José Martínez Rodríguez; Gestar Orense, S.L.; Daniel Rodríguez Fernández; CIIE, S.A.; Francisco Rodríguez García; Juan Luis Brasa Gómez; Ampi e Hijos, S.L.; Antonio Vázquez Fernández e Serpluga, S.L., en situación de rebeldía no procedemento, sobre reclamación da cantidade de 46.658.869 pesetas de principal, máis outros 10.000.000 de

pesetas orzadas provisionalmente para xuros, gastos e custas.

Resolvo que, desestimando a oposición formulada polo procurador Prada Martínez en nome e representación de Juan Luis Brasa Gómez e dos esposos José Martínez Rodríguez e Mª del Carmen Elisa

Maestro Fernández e dos esposos Daniel Rodríguez Fernández e Manuela Fernández Pereira contra a execución despachada nestes autos por instancia do Banco Pastor, representado polo procurador Pedrouzo Nóvoa, debo mandar e mando seguir adiante a execución contra os seus bens e os da entidade Serpluga, S.L.; Inversiones Forestales, S.A.; Valeriano Gómez Salve; Benito Paradela Rodríguez; Antonio Mosquera Suárez; Alfredo Siro Blanco Pérez; Manuel Rodríguez-Portugal Maceda; Spem Inversiones, S.L.; Feliciano Lorente Permuy; Remi Orense, S.L.; Manuel Requejo Conde; Arcal Orense, S.L.; Gestar Orense, S.L.; CIIE, S.A.; Francisco Rodríguez García; Ampi e Hijos, S.L. e Antonio Vázquez Fernández, e co seu producto enterio facer pagamento á entidade executante Banco Pastor, S.A. da cantidade de 46.658.869 pesetas en concepto de principal, máis os xuros, gastos e custas causadas e que se causen nesta instancia.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes na forma establecida na lei, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se pode interpoñer dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá testemuño ós autos principais, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e para a súa inserción nos lugares públicos de costume, servindo de notificación en forma da sentencia ós demandados rebeldes e actualmente en ignorado paradoiro, Spem Inversiones, S.L. e a Serpluga, S.L., da que o último domicilio coñecido foi en Vigo, r/ Urzaiz 97, baixo, expido, selo e asino esta cédula no Carballiño o 5 de febreiro de 1998.

A secretaria

Rubricado

2530