Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.893

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (53/1998).

Neste xulgado, co número 53/1998, séguese expediente de dominio para a inscrición por reanudación de tracto sucesivo, do seguinte ben inmoble: casa de planta baixa nº 10 da rúa de Belvís, coa súa porta e dúas ventás ó leste, cun soar que mide sesenta e seis metros cadrados e ten polas súas costas unha porta á que dá acceso unha escaleira para o terreo máis baixo dedicado a horta e accesorios da casa e para o soto. Mide o dito terreo cento oitenta e seis metros cadrados. Forma todo un só predio de douscentos cincuenta e dous metros cadrados e linda: polo leste ou fronte, coa dita rúa de Belvís; polo oeste ou fondo, terreos máis baixos destinados a horta e pertencentes a diversos propietarios (descoñecidos); polo norte ou dereita entrando, coa casa número oito da mesma rúa e o seu terreo unido de Dolores Hernández Abuelo, hoxe de Carlos Otero Castro e Concepción Mahia Quiñoy; e polo sur, a súa esquerda, coa casa número doce e a súa horta de Mercedes

Neira, hoxe de Enrique Míguez Antelo (falecido) e Peregrina Rey Domínguez.

Pola presente cédula e en virtude de providencia desta data, cítase a Estrella Abuelo Alvite como titular do gravame do que se solicita liberación, para que dentro do termo de dez días, contados desde a publicación deste edicto, pode comparecer no xulgado alegando o que ó seu dereito conveña, baixo apercibimento de recaer sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Igualmente cítanse as persoas ignoradas ás que puidese prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que dentro de igual termo de dez días poidan comparecer no expediente alegando ó que ó seu dereito conveña.

Dado en Santiago de Compostela, seis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

1482