Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.893

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/1997).

Eu, Rosa Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo se tramita xuízo verbal nº 102/1997, seguido por instancia de José Casal Candelas, representado polo procurador Paz Montero, contra María Dolores Bascuas Martínez e outros, de quen se ignora o seu paradoiro; por medio do presente edicto cítase a demandada indicada co fin de que o vindeiro día seis de abril, ás 10 horas, compareza perante este xulgado, no acto do cal se oirá o demandante e demandada e se admitirán as probas que se presenten no acto e se estimen pertinentes, baixo apercibimento de que se non comparece será declarada en rebeldía, continuando o procedemento o seu curso, sen máis citacións nin notificacións cás que a lei expresamente fixa.

E para que lle sirva de citación en forma á demandada María Dolores Bascuas Martínez, de quen se descoñece o seu domicilio, e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido este edicto en Santiago de Compostela o once de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

1367