Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.892

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (186/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 186/1997-10 por instancia de Santiago Martínez Río contra Ramón Dios Romero, e nas actuacións dictouse sentencia con encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. En nome de súa maxestade El-Rei. En Santiago de Compostela o 18 de decembro de

1998. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 186/1997, no que actuaron como partes, como denunciantes os policías nacionais Núm. 65025 e 78431 así como Santiago Martínez Río e como denunciado Ramón Dios Romero.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Ramón Dios Romero como autor de dúas faltas dos artigos 617.2º e 634 do Código Penal, pero sen que deba impoñérselle pena ningunha por concorre-la eximente completa do artigo 20.1º do mesmo corpo legal, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación perante a Audiencia Nacional no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para as notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo deberase acreditar que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre

que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Ramón Dios Romero expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

1676