Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (428/1997).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo núm. 428/1997, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o trece de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 428/1997, promovido polo Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García-Piccoli e dirixido polo letrado Sánchez Salgueiro, contra a entidade Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., Hormigones Rías Bajas con domicilio na rúa Xeneral Franco de Serra de Outes, Camilo Gosende Carballal, con domicilio na rúa Xeneral Franco número 8-5A de Serra de Outes, Teresa Ramos Vigo, María Concepción, Domingo, Manuel, Lucía, María José e Sandra María Pájaro Ramos, con domicilio na rúa Agrois número 65 de Santiago de Compostela, declarados en rebeldía.

Resolvo que, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados á entidade Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., Hormigones Rías Bajas, S.L., Camilo Gosende Carballal, Teresa Ramos Vigo, María Concepción, Domingo, Manuel, Lucía, María José e Sandra María Pájaro Ramos, e, co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se desapachou a execución, a cantidade de 883.001 pesetas, importe do principal, e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora e das custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada, en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

1471