Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (147/1996-I).

Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, certifica que nos autos que se dirán recaeu sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia. En Ribeira dez de decembro de 1997. Ramon Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Instrucción número uno de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 147/1996, por desobediencia a axentes da autoridade, no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como denunciantes, José Manuel Sánchez Somoza e Juan Francisco Silva Segade, como denunciado, Francisco Rodolfo Bolón Blanco.

Decido que, debo condenar e condeno a Francisco Rodolfo Bolón Blanco, como autor responsable dunha falta de desobediencia, xa definida, á pena de dous meses de multa a razón de 500 ptas. diarias e á imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, e fágaselles saber que non é firme e que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e que se poderá formalizar mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos e lévese o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, a pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Francisco Rodolfo Bolón Blanco, expido e asino esta cédula en Ribeira, o 13 de febreiro de 1998.

A secretaria

Rubricado

1679