Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE PONTEVEDRA

CÉDULA de emprazamento (255/1996).

Pola presente cédula, e en virtude do acordado en resolución do día de hoxe, recaída nos autos de divorcio número 255/1996, emprázase a Victoriano Rodríguez Pérez, en concepto de demandado co fin de que no improrrogable prazo de vinte días hábiles, compareza en forma nos autos, representado por procurador, asistido de letrado e conteste á demanda no mesmo prazo, prevíndoo de que se non o fai así será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito, notificándoselle as resolucións que recaian nos estrados deste xulgado, facéndolle saber que as copias da demanda están ó seu dispor no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Pontevedra.

E para que conste e sirva de cédula de emprazamento ó expresado demandado e para a súa publicación no DOG expido a presente cédula en Pontevedra o seis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

1429