Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.890

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (147/1997).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que nos autos que a seguir se dirán consta dictada a sentencia que ten o encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Arzúa o nove de febreiro de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Eva Mª Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila, os presentes autos de verbal civil número 147/1997, seguidos por instancia de José María Vilas Raviña e Schweiz Compañía de Seguros y Reaseguros, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, sendo demandado Consorcio Compensación Seguros e Benito Magdalena Sánchez, representados por procurador; procédese a dicta-la seguinte resolución:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos resolución: que, estimando a demanda deducida polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de José María Vilas Raviña

e Schweiz Compañía de Seguros e Reaseguros, contra Consorcio Compensación Seguros e Benito Magdalena Sánchez, representados por procurador, debo condenar e condeno os expresados demandados a lle aboar a José Mª Vilas Raviña a suma de 75.000 pts. e á entidade aseguradora Schweiz a suma de 201.117 pts., sendo aplicable ó Consorcio de Compensación de Seguros a franquicia de 70.000 pts. que se rebaixará proporcionalmente das cantidades antes citadas. Será aplicable o disposto no artigo 921 da LAC.

Así mesmo, condénase o Consorcio de Compensación de Seguros a aboar un xuro anual igual ó xuro legal do diñeiro incrementado nun 50%, desde o día 30 de xuño de 1996, ata o completo aboamento da indemnización.

Condénanse os demandados ó pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación perante a audiencia provincial no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía, expido a presente cédula en Arzúa o dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

1720