Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.890

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a José Antonio Alonso Rodríguez (praza 36/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de marzo de 1997 (BOE do 12 de abril), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a prol de José Antonio Alonso Rodríguez, con docu

mento nacional de identidade número 33.302.392, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Antonio Alonso Rodríguez profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 6 de marzo de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1534