Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.890

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a Juan José Rodríguez Andina (praza 23/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a prol de Juan José Rodríguez Andina, con documento nacional de identidade número 33.306.134, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan José Rodríguez Andina profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 6 de marzo de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2286