Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación do servicio de seguridade no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na Ronda da Muralla, número 70, mediante o sistema de concurso e procedemento aberto.

1. Obxecto do contrato: contratación do servicio de seguridade no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na Ronda da Muralla, nº 70.

2. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

3. Orzamento: 30.091.000 pesetas, IVE incluído.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, situada no edificio central de San Caetano, 2ª planta de Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

5. Finza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 1.203.640 pesetas.

7. Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sita na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela; ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 20 de abril de 1998.

10. Apertura de proposicións: en acto público, o día 23 de abril de 1998, ás dez horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

2350