Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para empresa Ingeniería Urbana, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 6-2-1998. De conformidade co disposto no artigo 10 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de febreiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra (Vigo)

Acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A. no seu centro de traballo en Vilagarcía de Arousa, con data 6-2-1998.

Comisión negociadora:

-Pola empresa (R.E.):

Gil Martínez, Juan Manuel

Martín Bermejo, José Antonio

Terrón López, Luis

-Polos traballadores (R.S.):

-Por UGT:

Fernández Daponte, Benigno

González Boullosa, José Antonio

Reunidos en Vilagarcía de Arousa os arriba indicados, o día sinalado no encabezamento, tratan os seguintes asuntos:

1. Revisión salarial para 1998.

En aplicación do segundo parágrafo do artigo 10 do convenio colectivo, resultan as seguintes porcentaxes e cantidades:

1.1. Previsión oficial de IPC.

1997 = 2,6% e 1998 = 2,1%.

1.2. Incremento porcentual.

1997: 2,6% + 1,5% = 0 4,1%

1998: 2,1% + 1,5% = 3,6%

1.3. Actualización de conceptos.

ConceptoImporte-96b% de 1997b% de 1998Importe-98

Artigo 10º67.7564,1%3,6%73.073
Artigo 16º5.7894,1%3,6%6.243
Artigo 17º5.7894,1%3,6%6.243
Artigo 18º
-Enteira5.0214,1%3,6%5.415
-Media2.5104,1%3,6%2.707
Artigo 19º
-Falecemento1.218.9984,1%3,6%1.314.660
-Accid. laboral1.950.3964,1%3,6%2.103.455

2. Rexistro e publicación.

En aplicación do lexislado para o efecto, co fin do seu rexistro, depósito e publicación, ámbalas par

tes acordan lebar esta revisión salarial a autoridade laboral.

E sen máis asuntos que tratar, e de plena conformidade co que antecede, asinan ámbalas partes no lugar e data indicados.

2369