Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector das industrias vinícolas, licoreiras e sidreiras e o seu comercio.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vino, e da parte social por UGT e CC.OO. o día 18-2-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de conveinos colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provncial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio, da provincia da Coruña.

-Parte empresarial:

Eduardo Manzano García

-Parte social:

Fernando Vázquez UGT

Alfonso Quintana CC.OO.

Ás 13 horas do día 18 de febreiro de 1998, nos locais do sindicato UGT, reúnense os membros da dita comisión, co fin de aproba-la revisión salarial pactada no convenio colectivo do ano 197. Dado que o IPC previsto polo goberno para o ano 1998 é do 2,1% e o incremento pactado foi dun 0,3% por riba do IPC previsto, procede aumenta-la táboa salarial nun 2,4%, o cal se fará efectivo con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1998 e se reflectirá nas táboas anexas para engadirllo ó convenio colectivo.

Así mesmo, autorízase a Fernando Vázquez para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Ás 13.30 horas levántase a sesión e asínase esta acta en sinal de conformidade.

ANEXO I

Táboas salariais do convenio industrias

vinícolas 1998 e outros conceptos retributivos

Art. 22º. Revisión 1998.

Categorías

Salario

mensual

Salario

anual

Grupo A (técnicos)
Xefe superior205.7913.030.383

1º técnico titulado
Titulado superior185.2122.742.277
Titulado medio164.6372.454.227
Titulado inferior131.7081.993.221

2º técnico non titulado
Encargado xeral adega144.0582.166.121
Encargado laboratorio115.2431.762.711
Axudante laboratorio98.7821.532.257
Auxiliar laboratorio90.5491.416.995

Grupo B (administrativos)
Xefe superior205.7913.030.383
Xefe de primeira164.6372.454.227
Xefe de segunda144.0582.166.121
Oficial de primeira107.0131.647.491
Oficial de segunda98.7821.532.257
Auxiliar90.5481.416.995
Aspirantes de 16 a 17 anos69.9701.128.889

Categorías

Salario

mensual

Salario

anual

Grupo C (comerciais)
Xefe superior205.7913.030.383
Xefe de vendas123.4771.877.987
Inspector de vendas111.1301.705.129
Corredor en praza102.8961.589.853
Viaxante102.8961.589.853

Grupo D (subalternos)
Conserxe96.2821.497.257
Subalterno 1ª91.6971.433.067
Subalterno 2ª89.0261.395.673
Subalterno auxiliar86.4331.359.371
Mozo e recadeiro de 16 a 17 anos65.8521.071.237
Persoal limpeza82.3161.301.733
Persoal limpeza342 ptas./h

Grupo E (obreiros)

1º Profesional oficio:

Capataz de adega3.5251.654.484
Encargado de sección3.3901.596.839
Oficial 1ª3.2541.538.883
Oficial 2ª3.1181.480.695
Oficial 3ª2.8521.367.113

2º Oficios auxiliares:
Oficial 1ª3.5241.538.767
Oficial 2ª3.1181.480.695
Peón especializado2.8521.367.113
Peón2.8071.347.898
Pinche de 16 a 17 anos2.3851.167.704

Antigüidade (valor bienio)4.183 ptas.

Gratificación patronal sector46.472 ptas.

Plus asistencia (valor diario)413 ptas.

1944