Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto extraestatutario para a axencia distribuidora de gas butano e propano Butacid Verín, S.L. de Ourense para o ano 1998.

Visto o texto do pacto extraestatutario para a axencia distribuidora de gas butano e propano Butacid Verín, S.L. de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, por Octavio Cid Guerra, e, da parte social, por Manuel Ángel García Ginzo, en nome dos traballadores, na xuntanza celebrada o día 11-2-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do mesmo no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de febreiro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Pacto estratutario de empresa para

a axencia distribuidora de gas

butano e propano Butacid Verín, S.L.

En Verín o 11 de febreiro de 1998, reúnense Octavio Cid Guerra, en nome e representación da empresa Butacid Verín, S.L. e Manuel Ángel García Ginzo, en calidade de delegado de persoal dela, co obxecto de aproba-lo pacto extraestatutario de empresa, que a continuación se desenvolve:

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente pacto extraestatutario será de aplicación para a empresa que ten o seu domicilio social en Verín, estrada en Castela, s/n e o seu nome comercial é Butacid Verín, S.L., producto da transformación da sociedade anónima Butacid Verín, S.A. en sociedade limitada, coa razón social Butacid Verín, Sociedade Limitada en data trinta e un de agosto de mil novecentos noventa e tres, quedando a nova empresa subrrogada nos dereitos e obrigas laborais da anterior, segundo o esixido polo artigo 44 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste pacto extraestatutario todo o persoal relacionado coa actividade de distribución

de gas butano e propano, así como instalacións de redes de distribución de G.L.P. e calefacción, agás que exerza funcións de alta dirección ou alto consello.

Artigo 3º.-Duración, prórroga, denuncia e revisión.

A duración do presente pacto extraestatutario será de dous anos, prorrogándose de ano en ano, se non é denunciado con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia. Deberá facerse coa comunicación a que fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

As táboas salariais deberán ser revisadas mediante negociación das partes con efectos de primeiro de cada ano.

Artigo 4º.-Garantía ad personam.

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora que teña establecida a empresa no momento do asinamento do presente pacto extraestatutario, serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente pacto extraestaturario poderán ser compensadas ou abosorbidas por calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, agás que expresamente se pacte o contrario. Todo iso conforme co disposto na Orde ministerial do 22 de novembro de 1973, no seu artigo 10, apartado 2º.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo para todo o persoal de 40 horas semanais para os anos 1998 e 1999.

Artigo 7º.-Vacacións.

Establécese un período de vacacións de 30 días naturais. As vacacións desfrutaranse preferentemente nos meses de maio e outubro, ambos inclusive.

Incluirase no salario correspondente ás vacacións o plus de transporte establecido no presente pacto extraestatutario.

Artigo 8º.-Retribucións.

Establécese un sistema retributivo para todo o persoal composto de:

a) Salario base (táboa anexa).

b) Complementos salariais.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade estará composto de cuadrienios na contía do 5% do salario base.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

O plus de transporte figura na táboa de salarios anexa.

A este plus aplicaráselle a seguinte táboa de penalizacións no caso de faltas de asistencia ou puntualidade.

a) Por cada dúas faltas de asistencia ó traballo perderase a parte correspondente a tres días de plus.

b) Por cada catro faltas de puntualidade inxustificadas perderase o plus correspondente a sete días.

c) Por cada cinco faltas de puntualidade inxustificadas perderase a totalidade do plus mensual.

d) Cada dúas faltas de puntualidade considerarase unha de asistencia, tendo en conta que para efectos de penalización deste plus considerarase como falta de asistencia a de puntualidade superior a media hora.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán en tres mensualidades do salario base máis antigüidade, pagadoiras unha en xullo, unha en decembro e outra en xaneiro a marzo e por anos vencidos como participación en beneficios.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias pagaranse incrementadas nun 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria, agás as realizadas en festivos e domingos, que terán un incremento do 100% sobre a hora ordinaria.

Artigo 13º.-Roupas de traballo.

A empresa dotará ós traballadores de roupas de traballo adecuadas ó tipo de labor e á época do ano.

Artigo 14º.-Invalidez provisional.

O traballador declarado en situación de invalidez provisional terá dereito á reincorporación ó traballo, en canto cese a dita situación. O prazo de reincorporación ó traballo será instantáneo a partir do cesamento en situación de invalidez provisional.

Artigo 15º.-Sistema de contratación.

Durante a vixencia do presente pacto extraestatutario, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada, acollerase ó disposto no apartado b) parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida, en virtude da cal os ditos contratos quedarán incluídos no rexistro previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 16º.-Fomento á contratación.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, con vistas a unha menor precarización do emprego que se deriva do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos a que se refire o dito artigo, poderá realizarse cunha duración mínima de seis meses e un máximo de doce meses. O presente contrato sométese a un réxime específico de comunicación, con esixencia de aviso previo escrito con polo menos 15 días de antelación á data de finalización del. No caso de que a dita extinción non obedecese a finalización das correspondentes prórrogas, o traballador terá dereito á indemnización que legalmente corresponda por despedimento.

Disposicións transitorias

Primeira.-Establécese como rendemento normal de reparto o seguinte:

Botellas de 12,5 kg e 11 kg: 105 botellas/día.

Botellas de 35 kg: 40 botellas/día en equipo de dous.

Estes rendementos deberán ser considerados en condicións normais en canto á climatoloxía, estado do vehículo e temporada, ou calquera outro motivo non imputable ó traballador.

Segunda.-Para efectos económicos, o presente pacto extraestatutario entra en vigor o 1 de xaneiro de 1998, co que estes se retrotraen á dita data.

Terceira.-O presente pacto extraestatutario é asinado polo representante dos traballadores e a dirección da empresa, de conformidade coa lexitimación prevista na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Representante dos traballadores:

Manuel Ángel García Ginzo

Pola empresa:

Octavio Cid Guerra

ANEXO

Táboa salarial para 1998

Salario

base

Plus de

transporte

Encargado xeral90.8027.715
Xefe de contabilidade89.4457.715
Encargado de almacén80.5277.715
Xefe de negociado80.5277.715
Oficial de primeira74.8617.715
Oficial de segunda72.9857.715
Cobrador71.7347.715
Conductor de remolque74.8617.715
Conductor camión pesado74.8617.715
Conductor de reparto74.8617.715
Mecánico visitador74.8617.715
Mecánico instalador74.8617.715
Conductor de carreta74.8617.715
Mozo de reparto71.8767.715
Carda71.8767.715
Mozo de almacén71.8767.715
Aprendiz67.8287.715
Xefe administrativo80.5277.715
Oficial administrativo74.8617.715
Auxiliar administrativo72.9857.715
Telefonista de pedidos72.9857.715
Limpadora487-H7.715

1042