Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais (código 2700335), da provincia de Lugo, asinado o 19 de xaneiro de 1998, pola representación da asociación de empresarios de limpeza de edificios e locais de Lugo e das centrais sindicais, CIG (69,6%) e CC.OO. (8,9%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de xaneiro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal

que presta os seus servicios nas empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais que realizan os seus traballos na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social das empresas radique noutra provincia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio inícase o 1 de xaneiro de 1997 e remata o 31 de decembro de 1999. Chegado o final da vixencia, considerarase prorrogado tacitamente de ano en ano, se non media denuncia dunha das partes que terá que formularse cunha antelación mínima de dous meses respecto da data de expiración do prazo de vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante, a denuncia do convenio non significa modificación ningunha na aplicación do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extraordinarias, licencias e contratación eventual

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese, a partir da data de publicación do presente convenio no BOP de lugo ou no Diario Oficial de Galicia, nun máximo de 39 horas e 30 minutos semanais efectivas de traballo, para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

Ó supoñer tal xornada unha reducción con respecto á vixente do ano anterior, a empresa, exclusivamente para os efectos de aplicar tal reducción, procederá a aplica-la.

Cando a dita reducción se lle comunique por escrito ó traballador afectado, entregaráselle unha copia de tal comunicación á representación dos traballadores con carácter previo á reducción.

En ningún caso a reducción da xornada que se pacta por medio do presente convenio suporá con carácter xeral un incremento da xornada para aqueles traballadores/as que presten o seu servicio con xornada parcial, procedéndose nestes casos á reducción proporcional da xornada en función da porcentaxe de prestación de servicios.

Os días 24 e 31 de decembro e o Sábado Santo consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable. Nembargantes, nos casos en que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servicios de limpeza, o persoal que presta servicios nestes centros de traballo virá obrigada a realizar un servicio mínimo nas seguintes condicións: a xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os labores antes das 18 horas. Nestes casos a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben economicamente a través do plus de traballo en domingos e festivos previsto no artigo 16 bis do presente convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que desenvolven, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Artigo 4º.-Descansos.

Todo traballador que en cómputo semanal realice 39 horas e 30 minutos de traballo efectivo terá dereito a quince minutos de descanso, computable para tódolos efectos como tempo de traballo.

O dito descanso gozarase da seguinte maneira:

A) Persoal en quenda de mañá: entre as 11 e as 11.15 horas.

B) Persoal en quenda de tarde: entre as 18 e as 18.15 horas.

C) Persoal cunha xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente: nos quince minutos seguintes á metade da xornada.

D) Persoal en xornada de mañá e tarde: nos quince minutos seguintes á metade do horario da mañá.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días e serán gozadas entre os meses de maio e setembro, salvo petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas terá dereito a gozar no dito ano un número de días proporcional ó tempo de servicio.

Cando un traballador preste servicios para dúas o máis empresas, deberán éstas poñerse de acordo sobre a data de desfrute do período vacacional. No caso de discrepancia reunirase, preceptivamente, a comisión de vixilancia do convenio prevista na disposición derradeira primeira.

O persoal deberá concretar durante o mes de xaneiro a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa, e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios, antes do 1 de abril, a relación definitiva de quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso, e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta de datas de goce, entre os traballadores, sempre que non haxa problemas de tipo organizativo.

Durante o período de vacacións non se percibirá o sobresoldo de transporte nin o sobresoldo de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Soamente se realizarán motivadas por forza maior ou as estructurais, entendendo por tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retributivos e polo tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

Aplicarase o establecido na ordenanza laboral do sector e Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando coa suficiente antelación e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos:

A) 18 días naturais en caso de matrimonio.

B) 2 días naturais por cambio de domicilio.

C) 3 días naturais por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de relevancia de parente por consaguinidade ou afinidade ata o segundo grao. Se o feito ocorrera noutra provincia, o permiso ampliarase a dous días naturais máis.

D) Polo tempo necesario ata un máximo de 16 horas anuais para asistir a consulta médica, podéndose fraccionar estas ausencias.

E) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

F) 3 días, sen retribuír, para asuntos propios.

Artigo 8º.-Excedencias.

1. O traballador con polo menos unha antigüedade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posiblidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, contados desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

O período de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para os efectos de antigüedade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, participación á que deberá ser convocado polo empresario. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

3. Tamén poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

4. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categorías á súa que se producisen na empresa, agás no caso de excedencia por coidado de fillo menor durante o primeiro ano de excedencia e nos casos de excedencia forzosa.

Artigo 9º.-Contratación eventual.

No uso da posibilidade prevista no artigo 1, apartado 4º do Real decreto lei 8/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto

lexislativo 1/1995 cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

As partes asinantes acordan que, nos supostos de conversión en indefinido dos contratos de traballo por tempo determinado regulados no artigo 15 do Real decreto lexislativo 1/1995, farase constar obrigatoriamente no modelo de contrato as seguintes cláusulas:

1. O centro ou centros de traballo en que o traballador presta os seus servicios.

2. Que no caso de producirse un despedimento por causas obxectivas declarado improcedente, a indemnización que, se é o caso, se lle aboará ó traballador/a será a razón de corenta e cinco días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e ata un máximo de corenta e dúas mensualidades.

Capítulo III

Mellora das condicións de traballo

Artigo 10º.-Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que esixa menos esforzo físico que o que vén realizando habitualmente, se iso fose posible e existise o dito posto de traballo. Calquera traballadora embarazada non estará obrigada en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o embarazo.

Artigo 11º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal comprendido no presente convenio colectivo terá dereito a unha revisión médica anual por conta da empresa ben a través da mutua de accidentes de traballo ou o Gabinete de Seguridade e Hixiene no traballo. Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades do sector, efectuándose, sempre que sexa posible, dentro da xornada laboral do traballador e facendo entrega a este do resultado do recoñecemento.

Pola súa parte, os traballadores virán obrigados a someterse a contos recoñecementos médicos dispoñan as empresas a cargo delas, tanto en situación activa coma en situación de IT ou análoga.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo de obrigado cumprimento a entrega anual de dous uniformes e calzado. Así mesmo entregaranse guantes e roupas de auga sempre que fora necesario.

Capítulo IV

Adscrición de persoal

Artigo 13º.-Adscrición de persoal.

Primeiro.-Supostos de subrogación.

a) Cando a empresa na que viñese realizándose o servicio de limpeza a través dun contratista, tome ó seu carto, directamente, o dito servicio, non estará obrigado a continuar co persoal que viñera prestando servicios ó contratista concesionario, se a limpeza a realizase cos traballadores do seu cadro de persoal e, polo contrario, deberá incorporalos á mesma se, para o referido servicio de limpeza, debera contratar novo persoal.

Cando a empresa principal rescinda o servicio de limpeza a un contratista e tome ó seu cargo o dito servicio por tempo non superior a seis meses, se se probase fidedignamente que os servicios se reiniciaron por un novo contratista antes de transcorridos os seis meses referidos, non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo, tendo o persoal da empresa saínte dereito a ser adscrito polo novo contratista desde o momento en que este tivera coñecemento do interese dos traballadores na adscrición.

b) Cando se produza un cambio de contratista na concesión do servicio de limpeza, o persoal que desenvolvese a súa xornada laboral, total ou parcialmente nun determinado centro de traballo ou contrata, pasará, ó vencemento da concesión, á nova adxudicataria de tal servicio calquera que fose a súa vinculación xurídico-laboral coa empresa cesante, sempre que tivese no centro de traballo unha antigüedade mínima de seis meses.

Nos casos previstos neste apartado, a nova asxudicataria subrogarase en tódolos dereitos e obrigas da empresa saínte no que se refire a:

1. Categoría profesional, antigüedade, xornada, horario e centro de traballo.

2. Prestacións de Seguridade Social, tales como a situación na que os traballadores subrogados estiveran dados de alta nesta, tales como a consideración de traballadores, a xornada completa por ser alta cun contrato a tempo parcial superior a 2/3 da xornada antes do 8 de decembro de 1993 ou a consideración de traballadores con xornada inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes con dereito á totalidade das prestacións.

Segundo.-O dereito de subrogación cando proceda segundo o establecido nos apartados primeiro e segundo deste artigo, abarca os seguintes casos.

a) Persoal en activo.

b) Persoal que no momento do cambio ou rescisión da concesión do servicio de limpeza se atopen en situación de IT, excedencia, servicio militar ou situación análoga.

c) Persoal con contrato de interinidade que se atope substituíndo a persoal con dereito a subrogación, ata o momento da incorporación destes.

Se por esixencias do cliente tivera que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, este será incorporado pola empresa entrante.

Terceiro.-No suposto de producirse a adscrición do persoal establecida nos apartados 1º e 2º do presente artigo esta producirase nas seguintes condicións:

a) A nova empresa adxudicataria comunicará á empresa saínte, de maneira fidedigna, que é a nova adxudicataria do servicio.

b) A empresa saínte estará obrigada a comunicarlle á empresa entrante ou nova adxudicataria o seu cesamento no servicio, así como a relación nominal do persoal que debe ser absorvido, incluíndo ós traballadores que, por encontrarse en situación de suspensión do contrato de traballo, eventualmente, puideran chegar a solicita-la súa reincorporación ó mesmo posto de traballo que ocupaban anteriormente.

Igualmente deberán pór no seu coñecemento, no prazo de 48 horas, as condicións laborais do dito persoal (categoría profesional, antigüidade, xornada, horario, prestacións da Seguridade Social, incluído o disposto no apartado primeiro do prsente artigo, punto 2, etc.).

c) A requirimento da nova empresa adxudicataria, a empresa saínte estará obrigada a acreditar documentalmente que se atopa ó día das súas obrigas respecto do persoal trasvasado, mediante a exhibición das liquidacións finais e as nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ós tres últimos meses.

Quinto.-O persoal que viñese prestando servicios en dous ou máis centros ou contratas, deberá pasar á situación legal de pluriemprego cando, con ocasión do cambio de titularidade dunha delas, tivera que chegar a depender de dous ou máis empresarios.

Sexto.-De ningún modo se producirá a adscrición do persoal no suposto do contratista que realice a primeira limpeza e non teña subscrito contrato de mantemento.

Sétimo.-O presente artigo, que será de obrigado cumprimento para as partes ás cales vincula (empresario principal, empresa cesante, nova adxudicación e traballador), substitúe integramente ó artigo 13 da vixente ordenanza laboral do sector.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 14º.-Salario.

Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio, os traballadores afectados percibirán os salarios establecidos en táboa anexa, que reflicte un incremento global do 3,50%.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 1998, incrementaranse na contía global do 3,5%.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1999, as táboas do ano 1998 incrementaranse na contía global do 4%. A data 31 de decembro de 1999 efectuarase unha rvisión das táboas salariais nun 1% sen efectos retroactivos e que se adicionará ás táboas servindo de base para o cálculo das táboas do ano 2000.

O importe total que representa o incremento citado distribuirase nos anos 1997, 1998 e 1999 da seguinte

forma: 80% ó soldo base, 10% ó sobresoldo de transporte e 10% ó sobresoldo de asistencia.

Artigo 15º.-Sobresoldo de asistencia.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 1997 a cantidade de 189 pesetas por día de traballo efectivo.

Para o ano 1998 a cantidade que percibirán por este concepto será de 205 pesetas e, para o ano 1999, de 224 pesetas.

Artigo 16º.-Sobresoldo de transporte.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 1997 a cantidade de 210 pesetas por día efectivo de traballo, con independencia dos medios de transporte ou distancia que, en cada caso, existan entre o centro de traballo e o domicilio respectivo.

Para o ano 1998 a cantidade que se percibirá por este concepto será de 225 pesetas e, para o ano 1999, de 244 pesetas.

Artigo 17º.-Sobresoldo tóxico, penoso e perigoso.

En canto á regulación deste concepto e o seu aboamento, aplicarase o disposto na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 18º.-Sobresoldo de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán por este concepto durante o ano 1997 a mesma cuantía que viña establecida no convenio anterior, 1.300 pesetas por cada domingo ou día festivo no que realicen xornada laboral.

Os traballadores percibirán, a partir do 1 de xaneiro de 1998, a cantidade de 1.500 pesetas como compensación por cada domingo ou día festivo no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo o presente convenio, puidesen corresponderlles.

A cantidade referida será de 1.700 pesetas a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 19º.-Sobresoldo de nocturnidade.

O incremento por trablallo nocturno consistirá nun 25% do salario base, regulamentándose polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 20º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servicios prestados na mesma empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ó 4% do salario base.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laborable anterior ó 25 de xullo e 22 de decembro, respectivamente. As ditas pagas serán percibidas na contía de 30 días do salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Nembargantes, aquelas empresas que veñan empregando o devengo semestral deberán de especificar nas nóminas relativas ás gratificacións extraordinarias o emprego de tal devengo.

Artigo 22º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días.

Será percibida durante o primeiro trimestre do ano, de acordo con salario base, máis antigüidade vixente ó 31 de decembro do ano anterior.

O tempo en que o traballador/a permaneza en situación de I.T. será tido en conta, a partir do 1 de xaneiro de 1998, como tempo de traballo efectivo para o devengo da paga de beneficios.

Artigo 23º.-Anticipos.

Os traballadores afectados polo presente convenio, poderán solicitar anticipos a conta dos seus salarios cuha antelación mínima de de 48 horas á data de pagamento. A este respecto, a mesma queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

Os desprazamentos a centros de traballo distintos do habitual e que non supoñan traslado devengarán a favor dos/as traballadores/as que os efectúen unha axuda de custo diaria do 55% do salario base da súa categoría profesional se iso os obriga a efectuar unha sola comida fóra do seu domicilio. Se tal circunstancia motiva efectuar dúas comidas fóra do domicilio a axuda de custo diaria será do 100% do salario base e, no suposto en que se efectúe comida e noite fóra do domicilio a citada contía seá do 150% do salario base.

Artigo 25º.-Pagamento de nómina.

As empresas deberán aboar dentro dos dez primeiros días de cada mes os salarios devengados no mes anterior.

Artigo 26º.-Persoal de xornada limitada.

Os traballadores contratados por xornada inferior á ordinaria do sector, gozarán, como mínimo, de iguais salarios e demais percepcións económicas cós traballadores contratados a tempo completo, se ben na proporción correspondente á xornada que realicen.

Para os efectos de facilitar que os/as traballadores/as a xornada parcial que presten servicios nun centro de traballo no que se amplíe a xornada vexan incrementada a súa xornada laboral, a empresa non terá que recoñecer con respecto á nova xornada entón ampliada e, polo tanto, aboa-la antigüidade que os/as traballadores/as tiveran recoñecida polo resto da xornada.

Terán, non obstante, os demais dereitos que a lei e o presente convenio recoñecen ós traballadores a tempo completo.

Artigo 27º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e indisible, polo que os acordos contidos nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das súas partes fora declarada sen efecto pola xuris

dicción competente deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 28º.-Complemento de IT.

Inclúense dous supostos:

a) No caso de hospitalización, calquera que sexa a súa causa, o traballador, logo de xustificación correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, mentres dure esta.

Así mesmo no caso de intervención cirúrxica con hospitalización mínima de 48 horas, o/a traballador/a percibirá no período de convalecencia cuha duración máxima de 120 días naturais un complemento ata o 100% do salario de convenio máis antigüedade.

b) O traballador que cause baixa por accidente laboral acaecido no centro de traballo, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, desde o primeiro día da baixa e mentres dure esta. Se o accidente laboral se producira fóra do lugar de traballo, a empresa completará o dito salario a partir do décimo día da baixa.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 29º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente antes de alcanza-la idade regulamentaria percibirán as seguintes cantidades, segundo a idade:

-Ós 60 anos: 225.000 ptas.

-Ós 61 anos: 200.000 ptas.

-Ós 62 anos: 175.000 ptas.

-Ós 63 anos: 150.000 ptas.

-Ós 64 anos: 75.000 ptas.

As cantidades mencionadas establécense para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán percibidas proporcionalmente ó tempo contratado.

Por outra banda, os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos, poderán acollerse á modalidade de xubilación establecida no Real decreto 1194/1985, estando obrigadas as empresas a efectua-la contratación establecida en tal suposto.

Capítulo VII

Acción sindical

Artigo 30º.-Dereitos sindicais.

Observarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e a Lei de liberdade sindical.

Os delegados de persoal pertencentes a empresas afectadas polo presente convenio gozarán, como mínimo, dun crédito de 15 horas sindicais mensuais retribuídas para tódolos efectos. Non obstante, se as ditas horas foran insuficientes para cubrir dúas xornadas de traballo, ampliaríase a licencia ás horas que comprenden estas dúas xornadas. Quedan excluídas destas horas as empregadas polos delegados de persoal para asistencia á negociación colectiva deste sector.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión de vixilancia.

Desígnase unha comisión paritaria mixta que intervirá nas cuestións que suscite a aplicación do presente convenio e que estará integrada polos seguintes membros:

-En representación das empresas: os presentes no asinamento do convenio (6 membros).

-En representación dos traballadores: os presentes no asinamento do convenio (5 de CIG e 1 de CC.OO.).

A dita comisión terá o seu domicilio en Lugo, Ronda da Muralla, número 58.

Segunda.-Normas subsidiarias.

No non previsto neste convenio, observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, ordenanza de traballo do sector e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio, teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ó presente convenio, subsistirán para aqueles que as veñen gozando, sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficioasas, haxa de computarse a mellora económica que supón o presente convenio, salvo que se pacte expresamente.

Cuarta.-Ámbalas partes someten o acordado á posible negociación dun convenio colectivo de ámbito territorial de Galicia.

Quinta.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan ó sector de limpeza, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poden programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacionalmente coma regulamentaria (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativas e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Sexta.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor de todos e cada un dos traballadores por un capital de:

-Morte ou invalidez total: 2.750.000 ptas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 3.000.000 de ptas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral, incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles corresponden ós traballadores en virtude da lexislación laboral vixente.

Todos aqueles traballadores que realicen menos de 1/2 xornada terán como capitais asegurados o 50% dos expresados anteriormente.

As empresas incluídas no ámbito deste convenio subscribirán as ditas pólizas nun prazo de un mes desde a publicación do presente convenio colectivo no BOP de Lugo ou DOG.

Sétima.-Cota sindical.

Os traballadores poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical. Esta solicitude deberá realizarse por escrito no que conste a central sindical e o número de conta bancaria desta onde a empresa teña que ingresa-las cotas retidas ós seus afiliados.

Disposición adicional

Primeira.-Normalización lingüística.

As partes asinantes do convenio comprométese a emprega-lo idioma galego como medio de expresión nas súas relacións laborais.

Segunda.-Atrasos.

As empresas comprométense a paga-los atrasos xerados no prazo dun mes desde a publicación deste convenio no BOP de Lugo ou DOG.

Táboa salarial convenio limpeza

(Vixencia 1-1-1997 ó 31-12-1997)

Categoría profesional

Soldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extra

Xul. Ben. Dec.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo I. Subgrupo 1º

Persoal directivo

Director112.5901.351.080337.77057.54051.7861.798.176
Director comercial107.3841.288.608322.15257.54051.7861.720.086

Categoría profesional

Soldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extra

Xul. Ben. Dec.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Director administrativo107.3841.288.608322.15257.54051.7861.720.086
Xefe de persoal107.3841.288.608322.15257.54051.7861.720.086
Xefe de compras107.3841.288.608322.15257.54051.7861.720.086
Xefe de servicios107.3841.288.608322.15257.54051.7861.720.086

Grupo I. Subgrupo 2º

Persoal titulado

Titulado grao superior96.7901.161.480290.37057.54051.7861.561.176
Titulado grao medio93.6301.123.560280.89057.54051.7861.513.776
Titulado laboral ou profesional85.2901.023.480255.87057.54051.7861.388.676

Grupo II. Persoal administrativo
Xefe administrativo de 1ª93.4551.121.460280.36557.54051.7861.511.151
Xefe administrativo de 2ª92.0481.104.576276.14457.54051.7861.490.046
Caixeiro88.6561.063.872265.96857.54051.7861.439.166
Oficial de 1ª86.8391.042.068260.51757.54051.7861.411.911
Oficial de 2ª83.4481.001.376250.34457.54051.7861.361.046
Auxiliar80.112961.344240.33657.54051.7861.311.006
Telefonista74.902898.824224.70657.54051.7861.232.856
Aspirante (máis novo de 18 anos)69.693836.316209.07957.54051.7861.154.721
Cobrador74.902898.824224.70657.54051.7861.232.856

Grupo III. Persoal mandos intermedios
Encargado xeral91.2851.095.420273.85557.54051.7861.478.601
Supervisor ou encargado de zona88.6561.063.872265.96857.54051.7861.439.166
Supervisor ou encargado de sector85.9631.031.556257.88957.54051.7861.398.771
Encargado grupo ou edificio2.612953.380235.08057.54051.7861.297.786
Responsable de equipo2.515917.975226.35057.54051.7861.253.651

Grupo IV. Persoal subalterno
Ordenanza74.026888.312222.07857.54051.7861.219.716
Almaceneiro74.026888.312222.07857.54051.7861.219.716
Listeiro74.026888.312222.07857.54051.7861.219.716
Vixiante74.026888.312222.07857.54051.7861.219.716
Mozo dos recados (máis novo de 18 anos)68.171818.052204.51357.54051.7861.131.891

Grupo V. Persoal obreiro
Especilista2.732997.180245.88057.54051.7861.352.386
Peón especializado2.562935.130230.58057.54051.7861.275.036
Limpador/limpadora2.462898.630221.58057.54051.7861.229.536
Conductor/limpador2.8021.022.730252.18057.54051.7861.384.236

Grupo VI. Persoal oficios varios
Oficial2.732997.180245.88057.54051.7861.352.386
Axudante2.562935.130230.58057.54051.7861.275.036
Peón2.462898.630221.58057.54051.7861.229.536
Aprendiz (máis novo de 18 anos)2.325848.625209.25057.54051.7861.167.201

Táboa salarial convenio limpieza

(Vixencia 1-1-1998 ó 31-12-1998)

Categoría profesional

Soldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extra

Xul. Ben. Dec.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo I. Subgrupo 1º

Persoal directivo

Director116.2121.394.544348.63661.65056.1701.861.000
Director comercial110.8211.329.852332.46361.65056.1701.780.135
Director administrativo110.8211.329.852332.46361.65056.1701.780.135
Xefe de personal110.8211.329.852332.46361.65056.1701.780.135
Xefe de compras110.8211.329.852332.46361.65056.1701.780.135
Xefe de servicios110.8211.329.852332.46361.65056.1701.780.135

Grupo I. Subgrupo 2º

Persoal titulado

Titulado grao superior99.8591.198.308299.57761.65056.1701.615.705
Titulado grao medio96.5881.159.056289.76461.65056.1701.566.640
Titulado laboral ou profesional87.9561.055.472263.86861.65056.1701.437.160

Categoría profesional

Soldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extra

Xul. Ben. Dec.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo II. Persoal administrativo
Xefe administrativo de 1ª96.4071.156.884289.22161.65056.1701.563.925
Xefe administrativo de 2ª94.9511.139.412284.85361.65056.1701.542.085
Caixeiro91.4401.097.280274.32061.65056.1701.489.420
Oficial de 1ª89.5591.074.708268.67761.65056.1701.461.205
Oficial de 2ª86.0501.032.600258.15061.65056.1701.408.570
Auxiliar82.597991.164247.79161.65056.1701.356.775
Telefonista77.204926.448231.61261.65056.1701.275.880
Aspirante (máis novo de 18 anos)71.813861.756215.43961.65056.1701.195.015
Cobrador77.204926.448231.61261.65056.1701.275.880

Grupo III. Persoal mandos intermedios
Encargado xeral94.1611.129.932282.48361.65056.1701.530.235
Supervisor ou encargado de zona91.4401.097.280274.32061.65056.1701.489.420
Supervisor ou encargado de sector88.6531.063.836265.95961.65056.1701.447.615
Encargado grupo ou edificio2.693982.945242.37061.65056.1701.343.135
Responsable de equipo2.593946.445233.37061.65056.1701.297.635

Grupo IV. Persoal subalterno
Ordenanza76.298915.576228.89461.65056.1701.262.290
Almaceneiro76.298915.576228.89461.65056.1701.262.290
Listeiro76.298915.576228.89461.65056.1701.262.290
Vixilante76.298915.576228.89461.65056.1701.262.290
Mozo dos recados (máis novo de 18 anos)70.238842.856210.71461.65056.1701.171.390

Grupo V. Persoal obreiro
Especilista2.8171.028.205253.53061.65056.1701.399.555
Peón especializado2.641963.965237.69061.65056.1701.319.475
Limpador/limpadora2.538926.370228.42061.65056.1701.272.610
Conductor/limpador2.8901.054.850260.10061.65056.1701.432.770

Grupo VI. Persoal oficios varios
Oficial2.8171.028.205253.53061.65056.1701.399.555
Axudante2.641963.965237.69061.65056.1701.319.475
Peón2.538926.370228.42061.65056.1701.272.610
Aprendiz (máis novo de 18 anos)2.396874.540215.64061.65056.1701.208.000

Táboa salarial convenio limpeza

(Vixencia 1-1-1999 ó 31-12-1999)

Categoría profesional

Soldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extra

Xul. Ben. Dec.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo I. Subgrupo 1º

Persoal directivo

Director120.4961.445.952361.48866.85661.3761.935.672
Director comercial114.8891.378.668344.66766.85661.3761.851.567
Director administrativo114.8891.378.668344.66766.85661.3761.851.567
Xefe de personal114.8891.378.668344.66766.85661.3761.851.567
Xefe de compras114.8891.378.668344.66766.85661.3761.851.567
Xefe de servicios114.8891.378.668344.66766.85661.3761.851.567

Grupo I. Subgrupo 2º

Persoal titulado

Titulado grao superior103.4891.241.868310.46766.85661.3761.680.567
Titulado grao medio100.0871.201.044300.26166.85661.3761.629.537
Titulado laboral ou profesional91.1101.093.320273.33066.85661.3761.494.882

Grupo II. Persoal administrativo
Xefe administrativo de 1ª99.8991.198.788299.69766.85661.3761.626.717
Xefe administrativo de 2ª98.3851.180.620295.15566.85661.3761.604.007
Caixeiro94.7331.136.796284.19966.85661.3761.549.227
Oficial de 1ª92.7771.113.324278.33166.85661.3761.519.887
Oficial de 2ª89.1281.069.536267.38466.85661.3761.465.152
Auxiliar85.5361.026.432256.60866.85661.3761.411.272
Telefonista79.928959.136239.78466.85661.3761.327.152
Aspirante (máis novo 18 anos)74.321891.852222.96366.85661.3761.243.047
Cobrador79.928959.136239.78466.85661.3761.327.152

Categoría profesional

Soldo base

mes/día

Soldo base

anual

Pagas extra

Xul. Ben. Dec.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo III. Persoal mandos intermedios
Encargado xeral97.5631.170.756292.68966.85661.3761.591.677
Supervisor ou encargado de zona94.7331.136.796284.19966.85661.3761.549.227
Supervisor ou encargado de sector91.8351.102.020275.50566.85661.3761.505.757
Encargado grupo ou edificio2.7891.017.985251.01066.85661.3761.397.227
Responsable de equipo2.685980.025241.65066.85661.3761.349.907

Grupo IV. Persoal subalterno
Ordenanza78.985947.820236.95566.85661.3761.313.007
Almaceneiro78.985947.820236.95566.85661.3761.313.007
Listeiro78.985947.820236.95566.85661.3761.313.007
Vixilante78.985947.820236.95566.85661.3761.313.007
Mozo dos recados (máis novo de 18 años)72.683872.196218.04966.85661.3761.218.477

Grupo V. Persoal obreiro
Especilista2.9181.065.070262.62066.85661.3761.455.922
Peón especializado2.735998.275246.15066.85661.3761.372.657
Limpador/limpadora2.628959.220236.52066.85661.3761.323.972
Conductor/limpador2.9941.092.810269.46066.85661.3761.490.502

Grupo VI. Persoal oficios varios
Oficial2.9181.065.070262.62066.85661.3761.455.922
Axudante2.735998.275246.15066.85661.3761.372.657
Peón2.628959.220236.52066.85661.3761.323.972
Aprendiz (máis novo de 18 anos)2.480905.200223.20066.85661.3761.256.632

1627