A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 31 de outubro de 1997, aprobou o proxecto de 177 P.O.L. 97. Pol. E.P. Rioxoán-Reguntille, e na sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5 de febreiro 1998, nº 1491.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación económico local e os terreos se precisan para inicia-las obras dentro dos prazos sinalados pola normativa para o efecto.
A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deli
beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 177 P.O.L. 97. Pol. E.P. Rioxoán-Reguntille.
Santiago de Compostela, cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
1758