Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.711

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 28 de abril de 1992, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Na base común 10 da Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio), regúlase e establécese

a necesidade de realizar prácticas docentes previas ó nomeamento dos interesados como funcionarios de carreira, co obxecto de valora-las aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de ensino secundario serán nomeadas tres comisións cualificadoras, unha de letras, outra de ciencias e outra de formación profesional específica formadas por especialistas nas respectivas áreas e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de ensino secundario.

Segundo.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas do citado corpo que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores técnicos de formación profesional.

Terceiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de escolas oficiais de idiomas será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de escolas oficiais de idiomas.

Cuarto.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de música e artes escénicas será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de música e artes escénicas.

Quinto.-A Inspección ó servicio da Administración educativa poderá visita-lo profesorado en prácticas e emitirá un informe sobre o desenvolvemento da súa función, que será tido en conta pola comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

1978