Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.711

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de febreiro de 1998 pola que se nomea funcionaria en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, disciplina inglés, a Olga Brea González, DNI 33.270.077, opositora que superou os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio) e está ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, entre outros en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 10 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionaria en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Olga Brea González, DNI 33.270.077, incluída na relación de aprobados publicada na Orde do 1 de outubro de 1997 (DOG do 16) por orde desta consellería do 1 de decembro de 1997 (DOG do 14 de xaneiro de 1998).

Segundo.-O nomeamento como funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos coa data na que tomou posesión no presente curso académico 1997-1998.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

1995