Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.710

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de marzo de 1998 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso nas escalas superior de finanzas e técnica de finanzas.

Por Resolución do 26 de xaneiro de 1998 publicada no DOG nº 23, do 4 de febreiro de 1998, apróbanse as relacións de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso nas escalas superior de finanzas e técnica de finanzas da Xunta de Galicia.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base 1.4 das que rexen as probas selectivas convocadas polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de outubro de 1997, publicadas no Diario Oficial de Galicia nos seus números 220 e 221 correspondentes ós días 13 e 14 de novembro de 1997, respectivamente. A Consellería da Presidencia e Administración Pública,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas escalas superior de finanzas e técnica de finanzas da Xunta de Galicia. As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos en ámbalas escalas, que figura como anexo desta resolución.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día de publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Relación definitiva de aspirantes excluídos

no proceso selectivo para o ingreso na escala

superior de finanzas

Apelidos e nome

DNI

Causas

exclusión

Cancelo Vázquez, Mª Jesús32.415.38603
López-Yuste Padial, Mª Luisa50.963.08904
Villaverde Muñoz, Amada13.144.46204

Relación definitiva de aspirantes excluídos

no proceso selectivo para o ingreso na escala

técnica de finanzas

Apelidos e nome

DNI

Causas

exclusión

Bóveda López, Francisco Manuel35.314.96106
Cancelo Vázquez, María Jesús32.415.38603
Docampo Docampo, María Begoña36.090.13505/06
García Atienza, Ana María9.788.15703/04/07
Laso López, Víctor50.751.84904
Lodos García, José Fernando76.575.26706
Torres Fernández, Manuel35.290.25904

Causas de exclusión

CódigoDescrición

A. Acceso libre
01Non posuí-la nacionalidade española
02Non ter cumpridos 18 anos
03Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame
04Non xuntar copia do DNI ou documento que faga fe
05Non cumpri-lo requisito de titulación esixida
06Presenta-la solicitude fóra de prazo
07Non cubrir datos imprescindibles da solicitude (anexo IV)
08Instancia non asinada
19Incumprimento do disposto na base I.1.4

B. Promoción interna
09Incumpri-las normas da base I.1.4
10Non pertencer ó corpo ou escala do grupo correspondente
11Non xuntar copia do DNI ou documento que faga fe
12Presenta-la solicitude fóra de prazo
13Non cumpri-los requisitos da base I.2.2.3 da convocatoria
14Instancia non asinada
15Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame
16Non cumpri-lo requisito de titulación esixida
17Non presentar anexo V

1996