Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.712

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, convocados por Orde do 28 de abril de 1992, en expectativa de ingreso, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 23 de febreiro de 1998 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 28 de abril de 1992, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, convocados por Orde do 28 abril de 1992 (DOG do 7 de maio), conforme se recolle no anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario:

Área: letras.

Presidente: Prol Cid, Constantino.

Vocais:

Dobarro Posadas, José Antonio.

Moure Lema, Mª Teresa.

Pensado Castiñeiras, Mª Teresa.

Ríos Panisse, M. Carmen.

Área: ciencias.

Presidente: Pereiró Rodríguez, José Ramón.

Vocais:

Fernández Rey, Juan.

Garrido Castromán, Amelia-Gema.

Porta Martínez, Pablo.

Vidal y González, Antonio.

Área: formación profesional específica.

Presidenta: Amoedo Barciela, Elisa.

Vocais:

García Gamallo, Carlos.

Urrutia Vilar, Ramón.

Mosquera Ramallo, María Pilar.

Cameo Chenlo, José Ignacio.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidente: Álvarez Marcote, Jesús.

Vocais:

Ferradáns Maceira, Álvaro.

Irisarri Castro, M. Teresa.

Leis Blanco, José M.

Vieites Fernández, Gabriel.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Presidente: Varela Vázquez, Juan Carlos.

Vocais:

Fernández Estévez, María de O.

Mosquera Garea, Pilar.

González Carriego, Alejandro.

Ramos Chouza, Manuel.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Presidente: Fernández Fraga, José David.

Vocais:

Blanco Rodríguez, Ricardo.

Rejas Suárez, Patricia.

Sastre Canzobre, Victoria.

Vázquez García-Serrano, José Alfonso.

2159