Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.631

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 84/1998, do 5 de marzo, de asunción dos bens, dereitos e obrigas traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria e medio ambiente polo Real decreto 234/1998, do 16 de febreiro, e a súa asignación á Consellería de Medio Ambiente.

Polo Real decreto 234/1998, do 16 de febreiro, sobre ampliación dos medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo, e 971/1984, do 28 de marzo, traspásanse bens, dereitos e obrigas da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria e medio ambiente.

Parece, pois, conveniente asumir de forma expresa tales funcións e servicios, nos termos e condicións

especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalas ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os bens, dereitos e obrigas traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 234/1998, do 16 de febreiro, en materia de industrias e medio ambiente, nos termos e condicións especificados no acordo da Comixión Mixta de Transferencias do 23 de xaneiro de 1998, transcrito como anexo ó devandito real decreto.

Artigo 2º

1. Asignánselle á Consellería de Medio Ambiente os bens, dereitos e obrigas asumidos de conformidade co artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería de Medio Ambiente exercerán as atribucións que lles corresponden conforme as normas que regulan a súa estructura e demais disposicións de aplicación.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1964