Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de febreiro de 1998 pola que se integran nos colexios rurais agrupados de Santa Comba (A Coruña) e Gondomar (Pontevedra) os colexios que na presente orde se especifican.

Examinados os expedientes referidos ó colexio de educación infantil e primaria de Arantón, escola de educación infantil de Busto e colexio de educación infantil e primaria de San Salvador de Padreiro do concello de Santa Comba (A Coruña), así como o expediente da escola de educación infantil de Pintor-Chaín de Gondomar (Pontevedra), polos que soli

citan a integración nos colexios rurais agrupados de Santa Comba e Gondomar respectivamente.

Vistos o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro) e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro).

Tendo en conta que tódolos documentos xustifican a dita integración. Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Integrar no colexio rural agrupado de Santa Comba (A Coruña) os colexios públicos: colexio de educación infantil e primaria de Arantón (código 15020881), escola de educación infantil de Busto (código 15021691) e colexio de educación infantil e primaria de San Salvador de Padreiro (código 15025992), e no colexio rural agrupado de Gondomar (Pontevedra) a escola de educación infantil de Pintor-Chaín (código 360GON05), sendo a composición resultante definitiva a que figura no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santa Comba.

Localidade: Santa Comba.

Centro: colexio rural agrupado.

Código do centro: 15026157.

Unidades:

Educación infantil: 4.

Educación primaria: 4.

Total: 8.

LocalidadePostos de traballo

EI EP

Arantón 1 -

Busto 1 -

Boaña de Arriba - 1

Freixeiro 1 -

Guldriz - 1

Montouto 1 -

Os Picotos - 1

San Salvador de Padreiro - 1

Educación física 1

Pedagoxía terapéutica 1

Total postos 10

Provincia: Pontevedra.

Concello: Gondomar.

Localidade: Peitieiros.

Centro: colexio rural agrupado.

Código do centro: 36018987.

Unidades:

Educación infantil: 8.

Educación primaria: 1.

Total: 9.

LocalidadePostos de traballo

EI EP

Couso 1 -

Guillufe 1 -

Ervillas 2 -

Peitieiros 1 -

Pintor-Chaín 2 -

San Cibrao - 1

Vilaza 1 -

Educación física 1

Pedagoxía terapéutica 1

Total postos 11

2085