Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.631

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 83/1998, do 5 de marzo, de asunción da ampliación e modificación dos medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, en materia de xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación, transferida á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, e a súa asignación á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Por Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, procedeuse á ampliación e modificación de medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, en materia de xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Procede, na súa virtude, asumir de forma expresa a ampliación e modificación en relación ós medios persoais e créditos orzamentarios nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencia do 23 de xaneiro de 1998 e das relacións anexas e consignárllelas ós órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda asumida a ampliación e modificación sobre as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, en materia de traballo, emprego e formación consonte o Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, do 23 de xaneiro de 1998, publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

A ampliación e modificación das funcións e servicios traspasados, de conformidade co disposto no artigo anterior, asignaránselle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

2190