Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), para o ano 1998.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de traballo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), subscrito pola

comisión paritaria do convenio o 21 de xaneiro de 1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Ley do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Acta de reunión da comisión paritaria para a interpretación do convenio colectivo de Begano, S.A., celebrada o 21 de xaneiro de 1998.

Convocada en prazo e forma esta reunión para a interpretación do convenio colectivo e ó abeiro do establecido no seu artigo 6, acoden como integrantes:

-Pola empresa:

José Picado Carballeira.

Francisco Araújo Lis.

Francisco Araújo Fernández.

-Pola parte social:

Enrique Ferreiro Santamarina (CTI).

Juan Mouriño Iglesias (CC.OO.).

Mª Carmen Barba Fernández (UGT).

Igualmente pola parte social acoden, en calidade de asesores sen dereito a voto: Luis Rojo (CC.OO.) e Fernando Vázquez Martínez (UGT), así como tamén os delegdos sindicais: Añón Gorín (CC.OO.) e Salgado Garea (UGT).

Ámbalas partes se recoñecen con lexitimidade para integra-la comisión paritaria e asumi-las súas funcións.

O obxecto da reunión constitúeo acorda-las modificacións salariais pertinentes para o ano 1998, de acordo co establecido no artigo 14.-Salario do convenio colectivo vixente.

Para tal efecto, unha vez feito uso da palabra tódalas partes e dándolle carácter oficial ó documento presentado pola empresa, remitido polo Instituto Nacional de Estatística referente ó crecemento do IPC do ano 1997, acórdase:

1. Proceder á revisión das táboas salariais para o ano 1998 mediante a suma do IPC real de 1997 (2%) mailo 1%, sendo polo tanto o incremento efectivo do 3%.

A táboa vixente para 1998 figura como anexo a esta acta. A súa entrada en vigor será con carácter do 1 de xaneiro de 1998.

2. No referente ó artigo 35.-Axudas de custo, incrementaranse no 2% (IPC de 1997), quedando establecidas da seguinte maneira:

-A axuda de custo pasa de 5.050 ptas. a 5.150 ptas.

-A axuda de comida pasa de 1.175 ptas. a 1.200 ptas.

-A axuda de comida especial pasa de 1.590 ptas. a 1.620 ptas.

E ó non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando os integrantes da comisión paritaria en proba de conformidade.