Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 17 de febreiro de 1998 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 1998.

As instalacións xuvenís son un instrumento ó servicio dos xoves e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude é consciente da precariedade e insuficiencia de medios e instalacións axeitadas de que dispoñen as asociciacións xuvenís e demais entidades públicas e privadas que realizan actividades coa infancia e a xuventude. En consecuencia, co obxecto de facilita-lo uso de instalacións axeitadas a estas entidades para a realización de actividades xuvenís no ámbito do lecer durante o verán deste ano, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude pon á disposición destas e regula, a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña verán-98, que abrangue o período do 15 de xuño ó 30 de setembro, coa finalidade de que as entidades de referencia poidan

desenvolve-los seus programas de actividades. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano en curso -que comprende do 15 de xuño ó 30 de setembro-, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

-Dos servicios de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

-Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas), que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.

-Xerencia e persoal de servicio.

Artigo 3º.-Destinatarios.

Poderán solicita-lo uso das instalacións de referencia:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servicios á xuventude e as escolas de tempo libre debidamente constituídas e legalizadas.

2. O Consello da Xuventude de Galicia e os consellos locais e municipais de xuventude.

3. Corporacións locais.

4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa infancia e a xuventude.

Artigo 4º.-Solicitude.

As solicitudes, subscritas por persoa suficientemente acreditada, presentaranse conforme o modelo normalizado recollido no anexo II desta orde no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presesentación de solicitudes será ata o 6 de abril de 1998.

Artigo 5º.-Criterios de adxudicación.

1. Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:

1) Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e censadas ou rexistradas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude.

2) Consello da Xuventude de Galicia.

3) Corporacións locais.

4) Entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas noutras comunidades autónomas.

5) Outras entidades públicas ou privadas que o soliciten con fins asistenciais.

2. Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:

a) As que soliciten un maior número de prazas ata o tope máximo de cada instalación fixado no citado anexo I.

b) As solicitudes das entidades que cubran as prazas por convocatoria aberta e non reservadas exclusivamente ós seus membros ou asociados.

c) As entidades domiciliadas na provincia onde está a instalación que se solicita.

d) As entidades que soliciten instalacións das que non gozaron nos anos anteriores.

e) As que subvencionen o total ou parte da cota que teñen que paga-los participantes.

Artigo 6º.-Resolución.

As solicitudes presentadas serán examinadas por unha comisión de valoración constituída para o efecto, e que estará integrada por:

-O subdirector xeral de Promoción e Actividades, que será o seu presidente.

-Os catro delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou o funcionario en quen deleguen.

-Un representante do Consello da Xuventude de Galicia.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Xuventude designado pola directora xeral, que actuará como secretario.

Esta comisión, valoradas as solicitudes conforme os criterios establecidos no artigo 5º desta orde, elevará proposta de resolución á directora xeral de Xuventude, que deberá resolver nun prazo de 10 días.

A resolución seralle notificada a tódolos solicitantes e publicarase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xuventude e das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Transcorrido o referido prazo sen que se dicte resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

Artigo 7º.-Reserva de prazas e primeiro pagamento.

1. Recibida a resolución de adxudicación provisional os beneficiarios están obrigados, no prazo de 10 días:

-A ingresar, en concepto de reserva de prazas, o 15% das taxas correspondentes ás prazas adxudicadas. A dita cantidade non será reintegrable en caso de que decaese a adxudicación realizada por incrumprimento das obrigas expresadas no presente artigo, que a entidade adxudicataria anulase a reserva de utilización da instalación, reducise o número de usuarios previstos ou os días de uso solicitado.

-A presentar, no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada, a seguinte documentación:

a) Breve proxecto de actividades que se van realizar.

b) Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade solicitante.

c) Resgardo do aboamento do 15% expresado anteriormente.

2. Se transcurrido o prazo de 10 días desde a notificación da concesión non se cumprisen os requisitos anteriores, decaerá a adxudicación efectuada, ofertándose as prazas dispoñibles ó seguinte solicitante proposto pola comisión de valoración. En caso de non cubrirse as prazas dispoñibles desta forma, a delegación provincial correspondente reservaraas para quen as demande.

Artigo 8º.-Autorización de uso temporal.

1. A entidade beneficiaria deberá formaliza-lo documento de aceptación das condicións particulares de uso da instalación de que se trate antes do 15 de maio de 1998, confirmando o número de prazas solicitadas, e deberá aboar o 40% das prazas confirmadas, non tendo dereito a ningun tipo de compensación se o número de usuarios ó inicio da actividade é menor do confirmado. Este segundo ingreso será a conta da cantidade total que corresponda.

O documento de aceptación das condicións particulares de uso e o resgardo do segundo ingreso presentaranse no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada.

Así mesmo, presentarán a relación dos responsables que dirixan a actividade e a acreditación das

titulacións esixidas en materia de tempo libre, tendo en conta o disposto no artigo 4º do Decreto 223/1996, do 30 de maio, polo que se regulan as actividades de aire libre dirixidas á xuventude no territorio da Comunidade galega (DOG nº 113, do 10-6-1996).

Cumpridas as condicións anteriores, a delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente facilitaralle á entidade beneficiaria o documento de autorización de uso temporal da instalación.

2. O pagamento do 45% restante deberá ser aboado pola entidade beneficiaria quince días antes da data da incorporación á instalación adxudicada. No caso de que o número de usuarios sexa inferior ás prazas confirmadas anteriormente, a entidade só aboará, neste pagamento, a parte correspondente ás prazas reais que vaian ocupar. A entidade beneficiaria deberá leva-lo resgardo deste terceiro ingreso no momento da incorporación á instalación adxudicada.

Artigo 9º

Os adxudicatarios estarán obrigados:

1. A cumpri-los requisitos que esixe a lexislación vixente e a observa-las normas de réxime interior da instalación.

2. A responder dos actos que se realicen nas instalacións concedidas e das consecuencias que deles

se deriven, así como de toda responsabilidade civil derivada de calquera acto.

Artigo 10º

Os prezos dos servicios ofertados nesta orde serán os recollidos no apartado A do anexo da Orde do 2 de xaneiro de 1998, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1998 (DOG nº 9 do 15-1-1998).

O aboamento dos diferentes pagamentos regulados nesta orde efectuarase utilizando os impresos destinados para o efecto, que se encontran á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude ou en calquera delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Xuventude para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude