Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se modifica a composición da comisión de valoración prevista na Resolución do 20 de xaneiro de 1998 pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Como consecuencia de diversas circunstancias que concorren nalgúns dos membros suplentes integrantes da comisión de valoración do concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia, resulta necesario proceder a modifica-la súa composición. Na súa virtude, esta secretaría xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Cesa-los seguintes membros suplentes da comisión de valoración prevista na base IV da resolución desta secretaría xeral, do 20 de xaneiro de 1998, pola que se convocou concurso público para a adxudicación das novas oficinas de farmacia:

-Presidente: José Luis Carbajo Romero, xefe do Servicio Técnico-Xurídico da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Vocal: Ubaldo Álvarez Torres, xefe do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Segundo.-Nomea-los seguintes membros suplentes en substitución dos cesantes:

-Presidente: Pilar Santamaría Ayaso, xefa do Servicio de Réxime Interior da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Vocal: Rosa Courel Nogueira, xefa de sección do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais