Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se relacionan liquidacións pendentes de notificar e se citan para ser notificados por comparecencia os contribuíntes que se citan (Mª Pilar Mosquera Rodríguez e dous máis).

Con base no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co artigo 105 da Lei xeral tributaria do 28 de decembro de 1963, nos seus apartados 6 e 7, introducidos pola Lei 66/1997, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, cítanse para ser notificados por comparecencia os contribuíntes dos que se indican datos e último enderezo coñecido, xa que intentada por dúas veces a notificación, esta non se puido practicar.

As notificacións refírense a acordos de liquidacións dictados pola titular de oficina liquidadora de Cambados e a comparecencia deberá producirse nun prazo de 10 días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, na sede desta oficina: rúa Ourense, 16 Cambados; en horario de 9 a 14 horas.

Transcorrido o dito prazo sen que se producise a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer, iniciándose o prazo de ingreso no período voluntario.

Prazo para efectua-lo ingreso:

-Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

-Os notificados entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

As débedas non ingresadas en período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento.

Modo de ingreso:

Na oficina liquidadora de Cambados, rúa Ourense 16, en metálico ou cheque conformado, en horario de 9 a 14 horas.

Recursos:

-Recurso de reposición no prazo de 15 días ante o órgano que practicou a liquidación ou reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, perante do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (secretaría delegada de Pontevedra, praza de Ourense, 2, Pontevedra), ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó da notificación por comparecencia ou do último día do prazo para comparecer, sen que poidan simultanearse.

A interposición do recurso ou da reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso, salvo o establecido no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro.

Taxación pericial contradictoria: ademais, no mesmo prazo e en corrección do resultado da comprobación de valores, poderá promove-la práctica da taxación pericial contradictoria, o que determinará a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela. A taxación solicitarase ante a oficina liquidadora correspondente.

Pontevedra, 20 de febreiro de 1998.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

Relación de notificacións pendentes:-Procedemento: distribución de débeda de Olimpo Miguez Maquieira entre os seus herdeiros.

ExpedienteObrigado tributarioDNIÚltimo enderezo coñecidoCota

135/1993Miguez Mosquera, Ana35.975.003Trinidad, 10-1 Santiago2439874
135/1993Miguez Mosquera, Olimpio8.800.137 Trinidad, 10-1 Santiago2408183
135/1993Mosquera Rodríguez, Mª Pilar35.883.328Avda. Castelao, 66-6B Vigo3660973